Nuevo negocio en el barrio, ¡¡ROXOLUX!!:

Direcion: Av Novo Mesoiro n:23

Telefono: 981304178

Nos mandan una pequeña explicación de su funcionamiento:

Estamos dedicados a la venta de iluminación y pequeño material eléctrico asi mismo tenemos otra empresa en eiris dedicada a instalaciones eléctricas

Asique no solo vendemos sino que damos la opción de dejarlo instalado de todas formas también tenemos precios especiales para comunidades

Ya llevamos hecho bastantes cambios de iluminación en comunidades.

 

Comments Comentarios desactivados en Nuevo negocio en el barrio, ¡¡ROXOLUX!!:

Nota de prensa enviada por el Ayuntamiento:

Os concelleiros de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, e de Culturas Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentaron este xoves o novo proceso participativo coa veciñanza dirixido a recoller ideas, necesidades e propostas concretas que servan como base para articular un “servizo municipal cultural polivalente e flexible, que poida dar resposta no curto prazo ás necesidades dos barrios de Novo Mesoiro, Mesoiro Vello, Feáns e Someso, así como os núcleos de Vío e a Urbanización Breogán. Trátase, como sinalou Delso, dun novo proceso que se abre de forma conxunta entre as dúas concellerías no marco do programa ‘A Porta Aberta’, co obxectivo de recabar información sobre as necesidades destes barrios, xeograficamente afastados do centro, para que o Concello poida axustar ás necesidades e demandas veciñais “unha oferta cultural actualizada, e adecuada aos cambios socio-demográficos e urbanos experimentados nesta parte da cidade nos últimos anos”. Tal e como explica Delso, a situación xeográfica destas zonas fai que, pese a contar cun centro cívico municipal, un polideportivo e un centro de saúde, Novo Mesoiro careza doutros equipamentos, como unha biblioteca. “A vontade do Concello pasa, a curto prazo, pola articulación dunha oferta ampla de servizos culturais”, recorda a concelleira de Participación. A este respecto, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento ten xa unha partida de 50.000 euros, dentro dos orzamentos deste ano, consignada para realizar as accións que se deriven do resultado do proceso, “desde un punto de lectura ata as actividades varias que saian do resultado”, apunta o responsable desta área que, neste sentido, avanza a necesidade de servizos de biblioteca detectada nestas zonas, “pola carencia destes usos e pola anterior desatención”. Como remarca, procesos como o que se abre constitúen “un reto de como afrontar a necesaria descentralización e atención a todos os lugares da cidade desde o Goberno, que son outras das claves desta iniciativa”.

Este novo proceso participativo abre o vindeiro xoves, día 23, unha fase de encontros presenciais e obradoiros, abertos a todas as persoas que queiran participar, que dá continuidade ao traballo previo desenvolvido nas últimas semanas, segundo indica a concelleira de Participación, en alusión a unha primeira fase de diálogo coa veciñanza e ao traballo previo de recollida de información a través de entrevistas coas asociacións veciñais e comerciais da zona, as entidades culturais e deportivas, os centros de ensino e os colectivo e axentes clave dos barrios e núcleos obxecto deste proceso. O primeiro destes encontros terá lugar ese xoves, día 23, ás 20.00 horas, no centro cívico de Novo Mesoiro, un encontro informativo aberto que non precisará de inscrición previa, dirixido a expoñer como será o desenvolvemento do proceso participativo. A seguinte semana, os días 28 e 30, celebraranse no mesmo espazo dous obradoiros de traballo, o primeiro dos cales –ás 11.00 horas– vai dirixido a persoas maiores e xubiladas, e o seguinte –20.00 horas–, a familias e mocidade. Ambos diispoñerán de servizo de interpretación de signos e de conciliación para a atención de menores que acompañen ás persoas participantes.

Tal e como informou a concelleira de Participación durante a comparecencia, unha vez remate esta fase abrirase un espazo final de reflexión colectiva que pechará o proceso, e no que se debaterán as achegas formuladas polas persoas participantes, entidades e colectivos. Ademais, quen o desexe pode presentar ideas, demandas ou propostas a través do enderezo electrónico participacionovomesoiro@gmail.com.

Comments 1 Comentario »

La lavanderia del barrio publica este aviso en su web:

Comments Comentarios desactivados en AVISO sobre el cierre temporal de la lavanderia

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do Punto Limpo Móbil para este mes de marzo, no que o servizo se achegará a dez ubicacións distintas da cidade. En concreto, até o venres, 3 de marzo, instalarase na avenida de Cádiz, mentres que o sábado 4 estará en Mesoiro, na rúa Illas Sisargas. Posteriormente, e durante as xornadas do 7 ao 9 de marzo recalará na rúa Regata Cutty Sark, en Adormideras e, contra a fin de semana, os días 10 e 11 estará na praza Luis Seoane –Novos Ministerios–. Do día 14 ao 16 ubicarase na Gaiteira, á altura do número 31, mentres que os días 17 e 18 estará operativo nos Castros –Avenida da Pasaxe, 25-33–. Os días 21, 22 e 23 habilitarase o servizo da área de Medio Ambiente na rúa Capitán Juan Varela e os días 24 e 25 na praza das Conchiñas. Finalmente, o Punto Limpo Móbil situarase do día 28 ao 30 de marzo na praza Pablo Iglesias do Castrillón e, o venres 31, na praza Elíptica dos Rosales.

En horario de 09.00 horas a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para poder axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

Comments Comentarios desactivados en O Punto Limpo Móbil estará o sábado no barrio

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar na primeira convocatoria do ano 2017 dos cursos de formación para o emprego, á que poden optar todas aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego, ou que desexen mellorar a súa situación laboral, e que residan no municipio coruñés.

Os cursos, que se impartirán desde o mes de abril –e, nalgúns casos, ata setembro–, e que van desde as 10 até as 646 horas, abranguen disciplinas como a instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, iniciación á informática, pintura decorativa na construción, manipulación de alimentos ou instalación de elementos de carpintaría. A oferta tamén inclúe un curso de formación continua para a certificación de aptitude profesional –CAP– para a condución profesional con carnés C e/ou D, cuxo único requisito para o seu acceso –ademais de superar, como en todos os casos, a entrevista previa–, será posuír a licenza para conducir autobuses ou camións en vigor.

Cada solicitante poderá presentar a súa solicitude ata o 7 de marzo a través dos rexistros municipais de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Centro Cívico de Mesoiro. A documentación incluirá unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de emprego, ou copia do contracto actual, así como un curriculum vitae breve. O 14 de marzo, ás 15.00 horas, daranse a coñecer na web www.coruna.gal/emprego , no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, e a través do teléfono de atención cidadá 010 as citas para as entrevistas de selección, que se celebrarán, en horario de mañá ou tarde, desde o 16 até o 29 de marzo. Aquelas persoas que non se presenten á entrevista na data sinalada, renunciarán automaticamente a súa solicitude.

A listaxe de persoas admitidas publicarase o día 6 de abril. As interesadas en presentar a súa solicitude poden obter máis información no Centro Municipal de Emprego dos Rosales (981.184.399), no teléfono 010 e na web w ww.coruna.gal/emprego

Comments Comentarios desactivados en O Concello abre o prazo de solicitude para os cursos de formación para o emprego

Nos mandan el siguiente email con el resumen de la reunion:

Tal e como se acordou na Asamblea Informativa que tivo lugar o dia xoves  15 de febreiro de 2017 no salón de actos do centro cívico do noso barrio achegamos ós veciños a información facilitada polo despacho de abogados convidado a asistir a reunión. Se tedes algunha dúbida nos achegan un correo para consultas: galicia@kreston.es

Archivos PDF para descargar:

CIRCULAR CLAUSULA SUELO

CIRCULAR GASTOS HIPOTECAS

Comments 10 Comentarios »

La Voz de Galicia publica un articulo sobre vecinos de nuestro barrio que se encuentran con el caso de que no les ponen la vacuna de meningitis, podeis leer el articulo haciendo click en el diario del articulo:

Comments Comentarios desactivados en El callejón sin salida de la vacuna contra la meningitis B

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, manifestou hoxe que “o Goberno local insistirá nas súas reclamacións ante a Xunta de Galicia co obxecto de que o futuro CEIP de Novo Mesoiro conte cun servizo de comedor propio”, e non teña que recorrer ao cátering, como ten previsto a Consellería de Educación. A responsable municipal mantivo este xoves unha reunión con representantes da recentemente constituída Plataforma de Comedores Saudables nos colexios, aos que recordou que a pasada semana xa trasladou esta demanda directamente a este departamento do Goberno autonómico, no marco dunha reunión con cargos da citada consellería, obtendo unha resposta negativa.

“Apoiamos por completo a reivindicación que nos fan dende esta plataforma, constituída, entre outros, por pais e nais de Novo Mesoiro. Este é un centro de nova construción, por certo en terreos cedidos polo propio Concello, polo que o ideal sería que contase xa cun servizo de comedor saudable propio. Por agora, non recibimos unha resposta satisfactoria da Xunta de Galicia, que é a que ten a competencia para proxectalo, pero seguiremos insistindo, en base ao noso compromiso coa educación pública de calidade”, declarou Cameán.

Comments Comentarios desactivados en A Concellería de Xustiza Social insistirá nas súas reclamacións á Xunta para que o futuro CEIP de Novo Mesoiro conte cun servizo de comedor propio

Varios vecinos se pusieron en contacto con nosotros a causa de que hoy se encontraron que hoy el polígono de Vio hoy se esta convirtiendo en una pista de carreras, esto es a causa de que este fin de semana el Polígono no Vio se convierte en un punto de asistencia para los participantes del 21º Rallye A Coruña, en su web publican el plano indicando dicha ubicación:

Podeis obtener mas info de la carrera en: http://www.rallyeacoruna.com

Comments Comentarios desactivados en Este fin de semana el Polígono de Vio se convierte en un punto de asistencia para los pilotos del 21º Rallye A Coruña

Dende a AVV Novo Mesoiro queremos informar á veciñanza dunha asamblea informativa sobre a reclamación dos gastos de constitución de hipoteca e a cláusula suelo, que terá lugar no salón de actos do Centro Cívico do barrio, o xoves día 16 de febreiro ás 20:00h.

A dita asamblea confirmaron a súa asistencia tras seren convidados pola AVV, o presidente de FACUA Galicia, Don Víctor Muñoz, dous letrados, Don Jorge Borrajo e Doña Beatriz Borrajo, do bufete KRESTON IBERAUDIT de A Coruña, e, por parte da plataforma ACOUGA, Don Daniel Vida e Doña Ledicia Martínez, para intentar dar resposta ás dúbidas e consultas sobre as posibilidades ou non de reclamación.

Unicamente recordar a toda a veciñanza as limitacións relativas ó aforo do salón de actos (100 persoas).

 

Atentamente

Xunta Directiva da AVV Novo Mesoiro

Comments 1 Comentario »