Archivo de la Categoría “Deportes”

Dende a directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos agradecer a Federación de Peñas do Deportivo, e no seu caso a su presidenta, Tania Gómez, asi como o Concello da Coruña, por permitirnos que varios nenos do noso barrio puideran disfrutar da experiencia de poder ver o noso DEPOR, no palco VIP, que o concello ten cedido a federación.

Unha tarde-noite onde os rapaces puideron disfrutar da emoción de ver un dos grandes partidos da Liga contra o Villareal, que por desgracia  o resultado non nos acompañou ( claro roubo arbitral ), pero a experiencia foi moi boa e eles o pasaron moi ben.

Esperamos poder aproveitar outra vez de esta experiencia noutro partido desta liga.

IMG_20160103_201850 IMG_20160103_201918 IMG-20160103-WA0012

Comments 1 Comentario »

A AVV xunto coa colaboración da directiva da Federación de Peñas do Deportivo de A Coruña, convidate a poder ver o partido do Deportivo-Villareal do vindeiro Domingo 3 de xaneiro as 18:15 nun placo privado do estadio.

unnamed

A directiva da Federación de Peñas cede a AVV de Novo Mesoiro o palco que lles ten prestado o concello para que 9 rapazas/rapaces e 1 adulto poidan disfrutar da experiencia de poder ver o noso DEPOR.

O obxectivo é que os ne@s do barrio poida disfrutar dun día co seu equipo, por iso a federación cedeunos o palco que lle ten prestado o concello para que vari@s nen@s poidan disfrutar do encontro co Villareal o vindeiro domingo 3 de xaneiro as 18:15.

Para participar no sorteo tes que:

a) Ter entre 7-12 anos

b) Mandar os datos da rapaz/rapaza xunto cos dun tutor, un email e un tlf de contacto a conta presidente@novomesoiro.com. Ultimo día para se apuntar será o 31 de xaneiro as 18:00 da tarde.

c) Non ser soci@ ou abonad@ do depor.

d) Ser veciñ@ de Novo Mesoiro, Feans ou Mesoiro.

Unha vez recibidos os email, se o número de solicitudes é superior ás prazas se fará un sorteo que se comunicará por email a todos @s participantes. @s nen@s iran acompañados sempre polos seus/suas tutor@s ata a entrada no estadio, onde un adulto se responsabilizará deles no palco

Rogamos que aquelas persoas que poidan levar algunha vez o campo os seus rapaces, eviten apuntarse xa que o que buscamos é que @s nen@s que nunca poideron ir a ver o DEPOR teñan unha oportunidade de disfrutalo no campo.

A parte intentaremos facer algunha outra cousa como por exemplo poder sacar algunha foto cos xogadores….

Temos o compromiso de que se a experiencia é boa poidamola repertir noutro partido con máis prazo para organizalo.

Saudos

Xosé Aller

Presidente da AVV de Novo Mesoiro

Comments Comentarios desactivados en VENTE A VER O DEPORTIVO-VILLAREAL

PRUEBA DEPORTIVA
– El domingo 13 no se podrá ACCEDER NI SALIR DE LOS GARAGES entre las 10:15h y las 12:00h

– El domingo 13 no se podrá APARCAR NI DESAPARCAR entre las 10:15 h y las 12:00h

Comments 1 Comentario »

A Concellería de Culturas e Deporte vén de anunciar a apertura do de inscrición para a V Carreira Popular Novo Mesoiro – Memorial Iván Rocha Freire, que se celebrará o domingo 13 de decembro, a partir das 10.30 horas, no barrio de Novo Mesoiro. Esta é a segunda das sete probas do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, que arrincou o pasado domingo, 29 de novembro, con máis de 1700 deportistas percorrendo as rúas de Os Rosales.

CoruñaCorre-MESOIRO-2015-ABSOLUTA

A proba absoluta de Novo Mesoiro terá a saída e meta no lateral do polideportivo de Novo Mesoiro. As e os corredores percorrerán unha distancia aproximada de 5535 metros polo barrio. A partir de aí, o resto de categorías sairán paulatinamente:

XUVENIL

11:35

2.325 m. aprox.

CADETE

11:35

2.325 m. aprox.

INFANTIL FEMININO

11:50

1.600 m. aprox.

INFANTIL MASCULINO

11:50

1.600 m. aprox.

ALEVIN FEMININO*

12:05

800 m. aprox.

ALEVIN MASCULINO*

12:20

800 m. aprox.

BENXAMIN FEMENINO*

12:35

800 m. aprox.

BENXAMIN MASCULINO*

12:50

800 m. aprox.

PREBENXAMÍN*

13:00

150 m. aprox.

*Horarios orientativos

Lee el resto de esta entrada »

Comments Comentarios desactivados en Aberto o prazo de inscrición do Circuíto de Carreiras Populares ‘Coruña Corre’ para a proba de Novo Mesoiro

AConcelleríadeDeportessinalao29denovembrocomooinicioda nova tempada do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. A iniciativa, que recolle baixo un mesmo paraugas as carreiras que teñen lugar na cidade, contará nesta cuarta edición con novidades no seu regulamento e unha reformulación da súa estrutura, incluíndo novas carreiras como a de Matogrande. A primeira proba, que sinalará o inicio da tempada, será a IV Carreira Popular Os Rosales e dará paso o día 13 de decembro á celebración da carreira de Novo Mesoiro.

O inicio chegará once días despois da gala de clausura da anterior edición. No evento, que terá lugar o mércores 18 ás 19.00 horas no centro Ágora, entregaranse os trofeos correspondentes ás distintas categorías e presentarase o novo texto que regulará a competición deportiva. O regulamento, froito da colaboración entre o Servizo Municipal de Deportes, a Federación Galega de Atletismo e clubs da cidade, ten en conta a opinión das e dos participantes do III Coruña Corre e completarase nos vindeiros días coas achegas das asociacións veciñais, que terán maior protagonismo nesta edición. Precisamente a V Carreira Popular de Novo Mesoiro celebrarase o 13 de decembro, en lugar do día 2 de novembro, tras acordar a nova data a Concellería e representantes da asociación veciñal coa finalidade de realizar a proba seguindo a nova normativa.

Entre as novidades que presentará o circuíto atópase unha nova proba que percorrerá o barrio de Matogrande o vindeiro 9 de xaneiro, e apoio ás carreiras de corte solidario como a Carreira contra o cancro de maio. Cada mes as veciñas e veciños poderán percorrer as rúas da cidade en distintos espazos da mesma e participar da competición. Deste xeito, o 7 de febreiro celebrarase o medio maratón Coruña21, o 26 de marzo a sexta edición da popular da Torre de Hércules e o 17do mes de abril Coruña42. A baixada de San Pedro de Visma volverá o 26 de xuño, a volta popular de Oza o 31 xullo e a cuarta carreira do Ventorillo será o 4 de setembro. A décima Coruña10 pechará a tempada o 9 outubro de 2016.

Nos vindeiros días anunciarase a apertura do prazo de inscrición para participar no Circuíto. Toda a información estará dispoñible na páxina web w ww.coruna.es/carreiraspopulares .

Comments Comentarios desactivados en Día 13 de decembro: Celebración da carreira de Novo Mesoiro.

O Circuíto Coruña Corre pechará a súa terceira edición o vindeiro 18 de novembro cunha gala final no Centro Ágora. A clausura, que terá lugar ás 19.00 horas, porá o punto e final a un ano marcado pola alta participación, con máis de 2300 inscricións. Durante a celebración entregaranse os trofeos correspondentes as categorías b enxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos, especial e familiar, ademais dun obsequio a todas e todos os deportistas que finalizasen todas as probas do III Circuíto Municipal Coruña Corre.

O III Coruña Corre comezou o 19 de outubro de 2014 e estivo formado este ano por seis carreiras que levaron as e aos atletas a percorrer distintos barrios da cidade. A III Carreira Popular dos Rosales, a IV Carreira Popular Novo Mesoiro, a nocturna V Carreira Torre de Hércules, a VIII Cros Baixada San Pedro, a III Carreira Popular Ventorrillo e a IV Volta Popular a Oza conformaron unha competición na que participaron deportistas de todas as idades.

A nova tempada chegará ás rúas coruñesas o 2 de novembro coa V Carreira Popular Novo Mesoiro. O IV Circuíto Municipal Coruña Corre p resentarase nos vindeiros días cunha reformulación na súa estrutura e novidades no seu regulamento.

Comments Comentarios desactivados en 2 de Novembro V Carreira Popular Novo Mesoiro – Memorial Ivan Rocha

O Club Brigantia Aventura está a organizar un trail na contorna de Novo Mesoiro. Este celebrarase o vindeiro domingo 19 de xullo a partir das 10 da mañá.

Será un trail con dúas distancias de 25 e 12 km. cadansúa, e sairá da zona do Centro Civico, rematando no mesmo lugar, percorrendo os montes da contorna a través das propias pistas que existen neles hoxe en día, e empregando o mínimo percorrido posíbel das estradas pavimentadas. O prezo da inscrición é de 15,00 €

E esta actividade conta co apoio de Concello da Coruña, o Concello de Arteixo, e as colaboracións das empresas do noso barrio “A Garota” e o “Eroski”, e máis dalgún colaborador máis.

Se quixeras participar nesta actividade podes acadar máis información no seguinte enlace facebook
https://www.facebook.com/events/1591618894383374/.

E como é lóxico, tamén esta actividade require da colaboración de persoas voluntarias para tarefas sinxelas de organización, loxística, cruces, información, consigna, etc.,  polo que se queres participar axudando ao Club Brigantia podes igualmente poñerte en contacto con eles a través dos medios indicados.

Trail mesoiro 2

Comments Comentarios desactivados en 1º Brigantia Trail concello da Coruña

En esta primera edición del I Memorial Santiago Bescansa Sanjurjo “SANTI”, la Federación Gallega de Esgrima y los clubes 100tolos, Club Esgrima Coruña y Escola Galega de Esgrima, unen sus esfuerzos y organizan este torneo a nivel internacional.
Esta competición tiene una doble función, invitar a todos los miembros de la comunidad nacional e internacional a que vengan a conocer nuestra ciudad en homenaje a un tirador emblemático de la ciudad de A Coruña recientemente fallecido y al mismo tiempo, ofrecer actividades culturales relacionadas con nuestro deporte y disfrutar de una competición realizada a gusto del homenajeado.

1423022000971_640_480_A_5d003af8a975ab2bcd6838bdfab11

Las COMPETICIONES se desarrollarán en el Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro

I MEMORIAL SANTIAGO BESCANSA
III ENCUENTRO MINIESGRIMA M-10 y M-12
V RANKING NACIONAL DE VETERANOS 100TOLOS A FLORETE Y ESPADA
Las ACTIVIDADES CULTURALES en el Centro Sociocultural Ágora Lee el resto de esta entrada »

Comments Comentarios desactivados en I MEMORIAL SANTIAGO BESCANSA

CLICK EN LA NOTICIA PARA LEERLA COMPLETA

Captura de pantalla 2014-11-03 a las 23.46.57

Comments 1 Comentario »

La Voz de Galicia tiene una galería de la Carrera Popular de Novo Mesoiro en el que invita a buscaros, para acceder a ella solo tenéis que hacer click en la siguiente imagen:

Captura de pantalla 2014-11-03 a las 20.20.14

Comments Comentarios desactivados en Búscate en la Carrera Popular de Novo Mesoiro