Archivo de la Categoría “centro cívico”

O Concello abre o próximo 15 de xuño o prazo de preinscrición para os campamentos de verán municipais da Concellería de Xustiza Social e Coidados, que inclúen os campamentos urbanos, os campamentos de día e os campamentos tradicionais, e que se celebrarán entre o 3 de xullo e o 31 de agosto. En total, a oferta componse de 2.751 prazas, das que a área que dirixe Silvia Cameán reserva un 20% en cada unha das tres modalidades para destinalas a menores beneficiarios dos servizos sociais e, do mesmo xeito, cada quenda inclúe prazas para menores con Necesidades Educativas Especiais (NEE). Ademais, a oferta municipal de actividades infantís de verán nos centros cívicos completarase, entre os días 26 e 30 de xuño, co programa sociocultural Embárriate, que se desenvolverá en 19 centros cívicos da cidade e que está dirixido para menores que naceron entre 2005 e 2013 e empadroados na Coruña, cunha proposta que xira arredor dos barrios, cunha perspectiva lúdica e artística.

En canto aos campamentos, desde o día 15 e até o 17 de xuño será posible realizar a preinscrición nos campamentos urbanos dos centros cívicos, dirixidos a nenos e nenas nadas entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2013. As persoas interesadas deberán acudir no prazo fixado ao centro cívico ao que se desexe optar, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Esta tipoloxía de campamento, que constará de catro quendas, desenvolverase a partir do 3 de xullo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e coa posibilidade dun horario ampliado nalgún dos centros cívicos –naqueles onde se ofertan as catro quendas–, para facilitar a conciliación familiar, entre as 09.00 e as 14.30 horas. A oferta inclúe 2.155 prazas, das que 55 están dirixidas a menores con NEE. O prezo da praza nestes campamentos é de 26 euros para o horario xeral e de 32 euros para o horario expandido. Lee el resto de esta entrada »

Comments Comentarios desactivados en O Goberno local abre a próxima semana os prazos de preinscrición nos campamentos infantís de verán dos centros cívicos

Comments Comentarios desactivados en Boletines Febrero 2017 Novo Mesoiro

Comments Comentarios desactivados en ACTIVIDADES SOCIOCULTURALES CCM MESOIRO ENERO-JUNIO 2017

cartel Ocio Saudable Mesoiro

Comments 1 Comentario »

Captura de pantalla 2016-06-14 a las 21.48.52

Comments Comentarios desactivados en Actuación dun grupo da Orquesta Sinfónica de Galicia

Os centros cívicos municipais acollerán entre os meses de xuño, xullo e agosto, diversas actividades dirixidas á mocidade de entre 12 e 30 anos dentro do programa Lecer Saudable,impulsado pola Concellería de Xustiza Social e Coidados e cuxo obxectivo é fomentar hábitos saudables de vida, así como previr conductas adictivas entre os mozos e mozas a través de actividades de lecer construtivo. Este programa, que inclúe distintas actividades de tipo deportivo, ambiental, artístico, audiovisual e formativo ten carácter gratuíto. O período de inscrición para as distintas actividades (recollidas no documento adxunto) realizarase entre os días 20 e 23 de xuño, en horario de 11.30 a 13.00 e de 17.30 a 19.00 horas nos centros cívicos nos que se leven a cabo cada unha das accións.

Entre as actividades que se ofertan, destacan as destinadas aos e ás máis novas, de até 17 anos. Iniciación ao surf, realización de curtas, iniciación á cocina italiana, cociña básica, recuncho de estido, aerobic latino, vóley praia, deseño de cómics, como ser Dj, tratamento e retoque fotográfico, xogos en rede, maxina ou multideporte, entre outras actividades. Por outra banda, os mozos e mozas de entre 18 e 30 anos poden participar en xornadas multiaventura (escalada, sendeirismo costeiro, ruta BTT, canoa…), así como a cursos de iniciación á cociña internacional, mantemento de páginas web e blogs, cursos de primeiros auxilios en colaboración coa Cruz Vermella, ou de mediación en prevención de drogodependencias.

As actividades son gratuítas e as prazas limitadas. Se o número de solicitudes de participantes en cada actividade superase o número de prazas establecido procederase á realización dun sorteo para a súa adxudicación. A realización de actividades está condicionada á existencia dun número mínimo de persoas inscritas. Para máis información, os e as interesadas poderán dirixirse aos centros cívicos municipais ou ben consultar a web municipal (w ww.serviciossociales.coruna.es) ou chamar ao teléfono de información cidadá 010.

O ano pasado 1.275 mozos e mozas participaron neste programa de lecer a través de 22 actividades distintas, ocupándose o 100% das prazas ofertadas.

Comments Comentarios desactivados en Os centros cívicos municipais acollerán actividades dirixidas á mocidade entre os meses de xuño, xullo e agosto, dentro do programa ‘Lecer Saudable’

Captura de pantalla 2016-06-01 a las 22.09.46

Captura de pantalla 2016-06-01 a las 22.09.48

Comments Comentarios desactivados en Actividades puntuales mes de junio para el Centro Cívico de Mesoiro

CLICK ENCIMA DE LOS PROGRAMAS PARA AMPLIAR

1

2

3

Comments 2 Comentarios »

boletin febrero FEÁNS 2016

Comments Comentarios desactivados en ACTIVIDADES CENTRO CÍVICO MUNICIPAL DE FEÁNS FEBREIRO 2016

boletin febrero mesoiro 2016] galego - copia

Comments Comentarios desactivados en ACTIVIDADES CENTRO CÍVICO MUNICIPAL DE MESOIRO FEBREIRO 2016