Archivo de la Categoría “barrio”

El Ayuntamiento manda la siguiente nota de prensa:

O Goberno local levará ao Pleno ordinario do próximo luns a aprobación definitiva do documento de modificación puntual do plan parcial do sector 5, Val de Mesoiro. A aprobación do citado documento implica dar luz verde a unha modificación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) que posibilitará que unha serie de baixos baleiros situados en Novo Mesoiro, que até o de agora tiñan carácter comercial, poidan acoller usos cívicos. En concreto trátase dos sitos nos bloques 2,3 e 4 no edificio RC1, os bloques 8,9 e 10 do RC2 e os bloques 11,12 e 13 no RC3, na rúa Ribeira Sacra.

Estes espazos poderán responder no futuro ás necesidades culturais que existen no barrio e que foron definidas pola propia veciñanza a través dun proceso participativo desenvolvido nos últimos meses. Así –de aprobarse en Pleno a aprobación definitiva– nun futuro, e en base a algunhas das demandas recollidas no proceso, estes espazos poderían acoller actividades relacionadas con música, teatro, danza, formación para adultos, obradoiros, talleres de robótica ou actividades de lecer. Os novos usos dos que se poderán dotar estes baixos darán cobertura ás zonas de Novo Mesoiro, Mesoiro Vello, Feáns, Someso, Birloque e Martinete. O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indicou que “esta modificación puntual permitirá que se poidan desenvolver todos os usos contidos na ordenanza agás o residencial e permitirá ás comunidades de propietarios ter un lugar de reunión no seu entorno inmediato”. “A nosa intención é atender a unha reivindicación da veciñanza de Novo Mesoiro, e posibilitar que nestes espazos se poidan levar a cabo usos que amplíen a oferta do propio centro cívico, dando posibilidade á veciñanza de contar con espazos de carácter polivalente, aínda que eminentemente culturais”, explicou o edil, que destacou o traballo conxunto realizado polos departamentos municipais de Rexeneración Urbana, Participación e Culturas.

Esta modificación puntual conta cos informes e autorizacións previas e necesarias doutras institucións, como a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e o Ministerio de Fomento, por mor das servidumes aeronáuticas sobre o ámbito da modificación. Ademais o documento foi sometido xa ao trámite de información pública por un período superior a dous meses, mediante anuncio publicado no DOG. Así mesmo, o documento foi notificado a todas as persoas titulares catastrais dos inmobles afectados.

Comments No Hay Comentarios »

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xunto con boa parte das concelleiras e concelleiros do equipo de Goberno local acudiron este sábado ao centro cívico municipal de Novo Mesoiro nun novo encontro ‘Dillo Ti’ coa cidadanía, o espazo no que os membros do Goberno local póñense a disposición das e dos veciños para responder as súas preguntas e ter “un contacto directo”, tal e como salientou o rexedor. No curso do mesmo saíron algunhas das actuacións que o Concello proxecta na zona de Novo Mesoiro e Feáns, como é completar o corredor verde situado entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume. “Temos unha proposta para comezar xa mesmo, pero queremos acordala coa veciñanza, e coa asociación veciñal, para que todos e todas concordemos con este proxecto, que permita disfrutar da zona”, adiantou Ferreiro, quen tamén aludiu a outras intervencións previstas para o barrio, algunhas no ámbito da accesibilidade, como pasos de peóns ou a reurbanización do Camiño do Correlo, en Feáns, que permitirá mellorar a conexión deste núcleo co de Mesoiro, así como a creación dunha senda peonil que equilibre o tránsito a pé cos vehículos.

unnamed

De igual xeito, Ferreiro referiuse á construción do futuro colexio do barrio, “unha necesidade demandada durante moito tempo pola veciñanza”, e para cuxa consecución este Goberno local puxo a disposición da Xunta os terreos; a este respecto, indicou que dado que a parcela que ocupará o centro ensino é a que agora se usa para as hortas urbanas, por ser a máis axeitadas para o equipamento educativo, estas “serán trasladadas a unha ubicación que xa se está buscando para que poidan existir as dúas cousas”. Nesta liña, o alcalde recordou tamén o millón de euros que inviste este ano o Goberno municipal para a reparación de colexios na cidade pese a non ser estas obras de competencia municipal, dadas “as grandes necesidades que sofren”. Cuestionado por un veciño, avanzou igualmente o proxecto, previsto para o 2017 a través dun investimento de 245.000 euros, para executar unhas pistas polideportivas no solar que conecta o campo de fútbol Johan Cruyff e a zona de xogos existente na zona. Lee el resto de esta entrada »

Comments 4 Comentarios »

A AVV informa dos horarios de despacho para facer efectivo o cobro de recibos non domiciliados dos socios da Asociación correspondentes á cuota do 2016.
Invitamos tamén as persoas non socias por si se quixeran dar de alta neste novo ano.
Xoves 8: de 11 a 12:30 e de 18 a 20 horas
Venres 9: 19 a 20:30 horas

Comments Comentarios desactivados en Horarios de despacho para facer efectivo o cobro de recibos

VOTA E DEMOSTRA QUE SOMOS O BARRIO MÁIS ACTIVO DA CIDADE

Dende a AVV queremos facer chegar que xa se abriu o prazo para votar o millón de euros que o Concello vai invertir a través deste tipo de orzamento participativo.
Esta inversión por parte do Concello vai ser para a proposta ou propostas máis votadas en toda a cidade (sempre que sexan viables legalmente), indistintamente do obxecto de que se trate a inversión.

Dende a directiva da AVV quermos mostrar a nosa disconformidade neste proceso, xa que en vez de reflectirse unha participación en relación das necesidades da cidade ou dos barrios-distritos,  vai ser un concurso de que movemento, asociación ou persoa física ou xurídica é capar de aglutinar o maior número de votos indistintamente da necesidade real do investimento para un barrio ou para a cidade. Frente  isto, defendemos que os orzamentos participativos deben ser entendidos por barrios-distritos, sendo a veciñanza  destes os que decidiran cales serían os investimentos necesarios.

Como entendemos que isto vai ser unha carreira que busque unha capacidade de conseguir máis votos, nos fixemos varias propostas para o noso barrio que queremosvos adxuntar para que votedes incluindo as que propuxeron algúns dos nos@s veciñ@s. Para votar tedes que ser maiores de 16 anos, rexistrarvos na páxina web https://aportaaberta.coruna.es , hai de prazo ata o 15 xullo e se poden votar tantas como se queran.

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/259

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/258

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/260

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/154

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/224

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/83

https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/investment_projects/59

 

 

Comments 3 Comentarios »

Adxuntamos os horarios do campionato de España de Boxeo que se realiza no noso barrio esta semana

índice

 

E o que aparece hoxe nos medios

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2016/07/05/bienvenidos-capital-boxeo/00031467705781179906374.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2016/07/05/seran-mejores-campeonatos-espana-aficionados-historia/00031467705870591616932.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2016/07/05/directo-prejuicios/00031467706117104522720.htm

 

Comments Comentarios desactivados en HORARIO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BOXEO AOB

Dende a directiva da AVV querémosvos dar unha mala noticia, o concerto estrela  que tiñamos pensado facer nas Festas de Novo Mesoiro para 2016 de Celtas Cortos, foi cancelado por problemas ca axenda do grupo e os prazos para fechar a súa contratación.

Ao se tratar dun grupo a nivel Estatal de gran repercusión tiñamos que ter fechado xa fai bastantes días a súa contratación,  pero vímonos na obriga de anulalo ao seguir esperando a confirmación por parte do Concello da elaboración das festas do noso barrio.

A principios de Maio deste ano presentamos a Concellería de Cultura un proxecto ambicioso, onde a AVV asumía unha importante partida orzamentaria a cambio de que o Concello nos permitira certo marxe para podernos financiar, pero debido o retraso de todo este proceso, onde a día de hoxe non temos nada concreto ( segundo o Concello o retraso ven dado por terse aprobado tan tarde os orzamentos municipais), fai varias semanas decidimos anular este concerto  e todo o proxecto presentado dado que non tiñamos noticias deles,  e nós, non podíamos asumir o risco que supón o  custe destas contratacións  sen ter o respaldo da Concellería de Cultura  e  sen saber as aportacións  que farían  as festas, asi como  o seu  permiso para buscarnos a financiación necesaria.

Sentimos moito esta noticia sobre todo pola expectativa creada no barrio e intentaremos fechar co Concello unhas festas  para o noso barrio que sexan acorde coa proposta presentada a Concellería de Cultura.

Cando teñamos algo realmente fechado e contratado anunciaremolo.

 

Comments 2 Comentarios »

COLABORACIÓN

Debido a gran afluencia de público que se espera para o campionato de España de boxeo AOB,  solicitamos a colaboración de voluntarios para labores de apoio.

Se alguén poidese colaborar calquera doS días  do campionato axundando a federeción galega de boxeo para labores de apoio, podese por en contacto con nós a través do noso email avv@novomesoiro.com ou no noso tlf de contacto 677404029.

boxeo

Comments Comentarios desactivados en Voluntarios campionato de España de Boxeo AOB

Aviso

Hoxe as 19:00 no Centro Cívico hai un acto dos procesos participativos do Concello. ” Participando nos espazos de debate”. Habrá servizo de conciliación de menores.

 

16_aportaaberta_porta_folleto_DEFINITIVO_Página_1 16_aportaaberta_porta_folleto_DEFINITIVO_Página_2

Comments 7 Comentarios »

A concelleira de Medio Ambiente, María García, adiantou este venres, coincidindo coa celebración do Día da Biodiversidade –que se conmemora a nivel internacional este domingo–, os avances no Mapa da Biodiversidade, o documento que elabora o Concello para catalogar as especies e hábitats naturais do municipio. Como salienta García, o proxecto ten xa detectados os tres espazos naturais que, pola súa especial relevancia, están considerados como os de maior riqueza biolóxica do termo municipal, como son a contorna da Torre de Hércules, a zona de San Pedro, Bens e Nostián e a zona do río de Mesoiro, Feáns e Castro de Elviña, espazos aos que se engade o parque de Santa Margarita e Paseo das Pontes. Como observa a responsable municipal, o catálogo, que se está a realizar e que recollerá datos de todo o ano, permitirá coñecer o estado da diversidade biolóxica na cidade, e servirá ao Goberno municipal como ferramenta de xestión á hora de impulsar accións nesta materia, “que está dentro das liñas estratéxicas do departamento”. García indica tamén que o documento será útil no campo da divulgación, para visualizar e sensibilizar á cidadanía “e que poida tomar conciencia das riquezas ambientais da cidade, que son moi relevantes”.

A análise elaborada nos primeiros dous meses de ano baséase nun total de 1883 datos recollidos, que permitiron detectar un total de 474 especies animais, vexetais e de fungos, unha cifra que se verá incrementada cos datos recollidos nas restantes estacións do ano. Destacan nelas as 176 plantas con flor catalogadas ou as 41 algas, así como as 114 clases de aves, as 13 de animais mamíferos ou os 5 tipos de anfibios, ou os 21 tipos de peixes. O estudo revela que ata 369 desas especies están localizadas nas tres zonas recoñecidas como de especial riqueza, número que tamén se verá completado ao longo do estudo.

Para celebrar o Día da Biodiversidade, a Concellería de Medio Ambiente desenvolveu este venres unha actividade coas cativas e cativos do CEIP Fernández Latorre, que realizaron unha visita á Lagoa de Eirís, onde recibiron información sobre a problemática que supoñen as especies invasoras; antes, os nenos e nenas, de cinco anos, participaron nunha charla sobre os beneficios da diversidade biolóxica.

Folleto informativo

Por outra banda, desde a Concellería de Medio Ambiente estase a elaborar un folleto para dar a coñecer o patrimonio que representa o espazo natural da Torre de Hércules, e que comezará a repartirse nas actividades deportivas e de ocio que se desenvolven na contorna do monumento, para poñer en valor a “extraordinaria diversidade de especies vexetais e animais silvestres”, entre elas algunhas protexidas, así como os hábitats de interesere europeo que se poden coñecer alí, e sensibilizar á cidadanía da importancia da protección deste espazo natural. A este repecto, a concelleira destaca o “extraordinario privilexio da Coruña por contar cuns cantís que permiten gozar da natureza en estado puro e convivir coas especies nese reduto de diversidade” e salienta “o deber colectivo de contribuír á súa conservación”.

O impreso inclúe información sobre algunhas das especies animais e vexetais máis características deste enclave, como a Herba de Namorar que medra nos cantís na primavera, e recolle unha serie de consellos dirixidos a facilitar a conservación do espazo.

Comments 2 Comentarios »

 

avv

Seguimos coa campaña de recollida de asinaturas para a solicitude dunha quenda de tarde para o noso centro de saude.

Quen queira pode asinar fisicamente nos locais do barrio ou pedir a folla de asinatura por email  a o correo avv@novomesoiro.com, tamén abrimos a campaña a firmar pola rede através da web Change.org, entrando neste enlace podedes asinar.

Recordade que canto máis xente apoie este tema máis forza teremos para que a Xunta tome en consideración as nosas reclamacións.

 

 

 

Comments Comentarios desactivados en Campaña recollida asinaturas para una quenda de tarde no Centro de Saúde