AVV

unnamed

No proceso de achegar ao máximo posíbel de persoas o traballo da Asociación, e co espírito de tentar recoller o máximo de aportacións, suxestións e iniciativas da veciñanza de Novo Mesoiro, a Asociación de Veciños  tentará ter aberto o despacho que ten cedido no centro cívico todos os mércores de 18.00 h a 20.00 h, entre os meses de outubro e xuño (xullo, agosto e setembro non).

Así mesmo, pon á vosa disposición nesta mesma páxina, os seguintes enlaces, onde podedes ver e descargar, toda a actividade organizativa e de xestión que realizamos. Estes enlaces tentarán estar actualizados periodicamente, co obxecto de ir colgado na rede todas aquelas actuacións que teñan coma protagonista ao barrio de xeito inmediato.

Os enlaces son os seguintes:

 

Enlace “actividades”

Onde podes acceder á información relativa ás actividades que realizou ou está realizando a asociación (Campaña do Colexio, festas, etc).

https://www.dropbox.com/sh/06wqnl6vad5wtuc/AAAkLZEz5gsX-0w5J5U7NjHCa?dl=0

 

Enlace “asuntos_a_pleno”

Aquí deixamos as iniciativas que trasladamos aos grupos políticos para mellorar o barrio.

https://www.dropbox.com/sh/biwvfl2ex0iwtpa/AABxqWQUJFWWAvEfqp0Y3xxSa?dl=0

 

Enlace “notas_de_prensa”

Todas as opinións públicas da asociación enviadas aos medios de comunicación.

https://www.dropbox.com/sh/cy7b7nyvfvia7ic/AAArrBAE7-4sOXc_iKhBGGtOa?dl=0

 

Enlace “memorias_actividades”

Memorias de actividades, informes de xestión, resumen de eventos…

https://www.dropbox.com/sh/0tm02lu1x70bfll/AAAdmSxfcYKHwCgBAxJ5L1Bqa?oref=e&n=417461424

 

Enlace “estatutos”

Aquí están colgados os nosos estatutos así coma outra información legal de interese.

https://www.dropbox.com/sh/9m9r8xgz1l55af0/AACglLaCMbSUXn1NmjUWsx6Na?dl=0

 

Enlace “solicitas_tramitacions_xestions”

Trámites ordinarios da asociación, e que redundan nun mellor servizo ás persoas socias e ao barrio en xeral.

https://www.dropbox.com/sh/vwvkqsd5cmlpm77/AABr3JNOuHBZ6bdgG9LsXd1ca?oref=e&n=417461424

 

Enlace “iniciativas_de_grupos_políticos”

Aquí poderás atopar todas as actuacións que os grupos políticos realizan nas distintas administracións respecto ao barrio.

https://www.dropbox.com/sh/dtw9k34oqfs86ed/AACy_M8BzhrKuJ1RYNNHhPUNa?oref=e&n=417461424

 

Enlace “Programas Partidos 2015-2019”

Colgamos neste apartado as propostas para o barrio que nos foron enviadas polos partidos políticos na últimas eleccións municipais.

https://www.dropbox.com/sh/zfrgryvahrwp734/AAAVuauvcTb1auurU1hD3mWBa?dl=0

 

Lembrar, asemade, que na pestana “AVISOS INCIDENCIAS Y CONTACTO” (http://novomesoiro.com/avisos-incidencias/), desta mesma páxina web, podes deixar calquera suxestión, incidencia. Problema ou comentario que desexes.

E, ademais, tamén tes o enlace da “FICHA” (http://novomesoiro.com/wp-content/uploads/2008/10/ficha_a_vv1.pdf), onde podes descargar a ficha de persoa socia para formar parte da Asociación.