INFORMACIÓN IMPORTANTE DA A.V. NOVO MESOIRO: rexistro contabel da venda de participacións da lotaría de Nadal da Asociación.

A Asociación Veciñal informa que, ao ser xa liquidada coa administración correspondente a billetaxe da lotaría de Nadal, o total de participacións vendidas é de 920, non correlativas.

Deste xeito as participacións coa numeración seguinte, desde a 888 á 900 (ambas incluídas) e desde a 934 á 1.000 (ambas incluídas) non formarán parte do sorteo da cesta de Nadal que se entregará en coincidencia coas tres ultimas cifras do número do gordo de Nadal. Asemade, a propia Asociación xoga as participacións desde a 793 á 800 (ambas incluídas) e as número 922 e 923, polo que tamén serán excluídas do sorteo da cesta.

Así, se as tres últimas cifras do número do gordo da lotaría COINCIDIRAN con calquera dos números das participacións indicadas máis arriba a persoa agraciada coa cesta sería aquela pusuidora da participación da centena inmediatamente anterior xogada, isto é, se o gordo de Nadal fora o 56799, a participación premiada coa cesta, ao non ser vendida a 799, será a 699.
Do mesmo xeito, se o número do gordo de Nadal fora o 56993, a non ser vendidas as participacións 993, 893 e 793, a persoa agraciada sería a posuidora da participación 693.

Aínda que toda esta información é importante tela en conta, e que agardamos sexa do voso interese, todas e todos sabemos que o número do gordo será o 81110, e como a participación 110 si foi vendida, non nos imos facer ningún lío coa entrega da cesta.

Moitas grazas. E felices festas.

Deja una Respuesta

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>