Para unha maior transparencia e difusión do labor da Asociación Veciñal Novo Mesoiro, e grazas á suxestión de varias persoas sociais que nos fixeron achegar nestes últimos días a necesidade de amosar publicamente os informes de contas e as memorias xustificativas de gastos da entidade, colgamos na nosa nube de dropbox toda a nosa contabilidade desde o ano 2013, primeiro ano no que se puido facer balance contábel despois de que a propia asociación estivera a piques de desaparecer.

Desde ese ano, 2013, e de xeito anual na Asemblea correspondente, viñeron aprobándose os informes de contas, así como dándose conta das actividades que, por ser obxecto de subvención pública (Concello e Deputación da Coruña) deben achegar a facturación correspondente.

Deste xeito, ben a través da páxina web, na pestana A.VV., premendo en “memorias_actividades”:

http://novomesoiro.com/avv/

, ou ben a través do enlace na propia nube de dropbox:

https://www.dropbox.com/sh/bypqkuan9l67cqy/AADU9VgTQY9i9QscY6i2UL1Ia?dl=0

, poñemos a disposición de toda a veciñanza esta información que consideramos de interese xeral.

Moitas grazas, e saúdos da Xunta Directiva.

Deja una Respuesta

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>