A Asociación de Veciños de Novo Mesoiro vén participando desde hai máis dun ano da Comisión Aberta en Defensa do Común que ten por obxectivo que se devolvan os terreos portuarios, a Solana, o Hotel Finisterre, a Maestranza, o Cárcere, peiraos de San Diego e todos aqueles que, sendo da cidade da Coruña, son obxecto de especulación inmobiliaria.

Agora mesmo a Comisión está formada por máis de 70 asociacións e entidades que acordamos convocar para este domingo día 7, a partir das 12.00 h, e con saída desde a praza da Palloza, unha manifestación reclamando esa devolución gratuíta. Non queremos que a conta dos nosos impostos (IBI, Imposto de matriculación, lixo, IAE, cemiterios, vados etc) se pague por uns terreos que son da cidade pero que os xestiona o Ministerio de Fomento ou a Autoridade Portuaria cando eses cartos cremos que son necesarios para investir nos barrios da cidade como no noso.

Por iso animamos a toda a veciñanza a participar desta manifestación e da que achegamos o seu cartel.

Moitas grazas e saúdos.

Los comentarios no están permitidos.