Dende a AVV Novo Mesoiro queremos informar á veciñanza dunha asamblea informativa sobre a reclamación dos gastos de constitución de hipoteca e a cláusula suelo, que terá lugar no salón de actos do Centro Cívico do barrio, o xoves día 16 de febreiro ás 20:00h.

A dita asamblea confirmaron a súa asistencia tras seren convidados pola AVV, o presidente de FACUA Galicia, Don Víctor Muñoz, dous letrados, Don Jorge Borrajo e Doña Beatriz Borrajo, do bufete KRESTON IBERAUDIT de A Coruña, e, por parte da plataforma ACOUGA, Don Daniel Vida e Doña Ledicia Martínez, para intentar dar resposta ás dúbidas e consultas sobre as posibilidades ou non de reclamación.

Unicamente recordar a toda a veciñanza as limitacións relativas ó aforo do salón de actos (100 persoas).

 

Atentamente

Xunta Directiva da AVV Novo Mesoiro

Deja una Respuesta

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>