Nos mandan este email desde participación ciudadana:

Poñémonos en contacto convosco para adiantarvos información sobre o comezo dun proceso participativo no voso barrio sobre a oferta de servizos culturais municipais.

Neste novo proceso participativo, desenvolvido dentro do programa xenérico “A Porta Aberta”, o obxectivo será  traballar sobre unha oferta de servizos culturais municipais que dea resposta e se axuste ás necesidades e demandas da veciñanza de Novo Mesoiro e os demáis barrios do territorio afectados.

A equipa técnica responsable do desenvolvemento do proceso vai garantir a diversidade na participación, promovendo a intervención nas distintas fases do proceso, de todos os colectivos implicados: familias, menores, xuventude, etc. entidades veciñais, deportivas e sociais do barrio e, por suposto, toda a cidadanía.

O marco de que se parte, como ben sabedes, é a reiterada demanda veciñal para a creación dunha biblioteca no barrio, tal e como se reflexa  no programa de orzamentos participativos levado a cabo en 2016, no que a veciñanza de Novo Mesoiro solicita a implantación dunha biblioteca municipal “para a realización de programas de animación á lectura dirixidos especialmente ao público infantil e xuvenil”.

Para dar resposta á demanda plantexada, e na procura de satisfacer as expectativas das veciñas e os veciños de Novo Mesoiro, desenvolverase un proceso participativo para recoller ideas, necesidades e propostas concretas, sobre as que asentar as bases do futuro proxecto dun servizo municipal polivalente, de natureza eminentemente cultural, que sexa o suficientemente flexible para que dea servizo ás diferentes demandas da poboación do barrio.

Cómo xa sabedes, trátase de articular un proceso sobre o que asentar as bases para a creación duns servizos culturais polivalentes que unifiquen diferentes usos e dean cobertura á poboación dos barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Someso, Birloque e Martinete, ofrecendo unha alternativa para o desenvolvemento de actividades como contacontos infantís, clubes de lectura, exposicións, certámenes culturais, teatro, formación en novas tecnoloxías, cursos de idiomas, talleres de lectura e escritura, espazos de convivencia, etc.

Nos próximos días poñerase en contacto convosco a equipa técnica encargada do desenvolvemento deste proceso participativo. Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración neste proceso e o voso apoio e axuda nas diferentes actuacións a levar a cabo.

Deja una Respuesta

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>