O Concello da Coruña vén de poñer a punto o dispositivo especial de tráfico que terá lugar este xoves, 5 de xaneiro, con motivo da celebración da Cabalgata de Reis. A comitiva, formada por 13 carrozas máis a do servizo de Bombeiros e catro trens turísticos, ademais de 464 figurantes, partirá ás 18.00 horas da Ronda de Monte Alto e percorrerá as principais rúas deste barrio e Peixería ata chegar á Praza de María Pita. Co gallo deste acto festivo, un total de quince liñas de transporte público urbano –1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11, 17, 23 e 23A– adecuaranse ao tránsito da Cabalgata e verán modificado puntualmente o seu percorrido durante a tarde do xoves, coa finalidade de ofrecer á veciñanza o seu servizo a través de itinerarios alternativos.

As primeiras liñas que reaxustarán o seu itinerario serán as 6 e 6A xa que, desde pola mañá, as carrozas da Cabalgata se concentrarán na Ronda de Monte Alto –ás 10.00 horas sairán de Fonteculler cara o punto de encontro–, polo que, no momento que se produza o corte de tráfico, no lugar de circular por esta vía o farán por Santo Tomás, ata a glorieta da Ronda con Alcalde Sanjurjo, onde retomarán o seu percorrido habitual.

Unha vez comece o desfile, contra ás 18.00 horas, a Policía Local cortará o tráfico ao paso da comitiva na avenida de Hércules, rúa da Torre e Campo da Leña, polo que as liñas 3, 4, 6, 6A, 7 e 11, circularán polo Paseo Marítimo desde os Salesianos ata a glorieta da Torre, e terán como cabeza de liña esta parada. As mesmas liñas regresarán polo Paseo Marítimo e entrarán, a través de Modesta Goicouría, na Praza de Pontevedra, onde contarán cunha parada provisional no número 18 (oficinas do Deportivo da Coruña).

As liñas 4 e 11, no momento que non sexa posible circular por San Andrés, xirarán desde Francisco Mariño cara Juan Flórez, Médico Rodríguez, Fernando Macías, Calvo Sotelo, Avenida de Bos Aires e Paseo Marítimo, ata chegar á glorieta da Torre. Do mesmo xeito, as liñas 6 e 6A, xirarán, desde a avenida de Finisterre, cara Juan Flórez, para continuar por Médico Rodríguez, Fernando Macías, Calvo Sotelo, Avenida Bos Aires e Paseo Marítimo; e as liñas 3 e 7, desde a Avenida de Bos Aires, continuarán polo Paseo Marítimo –a 3 ata Adormideras e a 7 ate a Torre–.

Por outro lado, as liñas 5 e 17, dende a Praza de Ourense, continuarán pola Avenida do Porto, túnel do Parrote, Praza das Ánimas, Abente y Lago, Metrosidero, Orillamar e Torrente Ballester. Dende aquí, a liña 5 continuará até Adormideras regresando polo Paseo Marítimo (coas liñas 3A e 17, cara Veramar, Metrosidero e Abente y Lago, xirando cara ao túnel do Parrote e Praza de Ourense (onde a liña 17 recupera o seu itinerario habitual). As liñas 3A e 5, pola súa banda, continuarán por Juana de Vega e a Praza de Pontevedra, 18 (oficinas do Deportivo).

Unha vez que se libere ao tráfico a Avenida de Hércules, o que terá lugar a partir das 18.00 horas, as liñas 4,6,6A, 7 E 11 dende o Paseo Marítimo, circularán pola Avenida de Navarra, Santo Tomás (6 e 6A pola Ronda de Monte Alto), Avenida de Hércules e Ramón del Cueto cara ao Paseo Marítimo, Modesta Goicouría e Praza de Pontevedra, 18. A liña 5, dende Adormideiras, circulará tamén polo citado itinerario. A liña 17 –unha vez se restrinxa ao tráfico a Abenida de Hércules, e até que ocorra o mesmo na rúa da Torre– baixará por Ramón del Cueto, continuando polo Paseo Marítimo até a Torre de Hércules, continuando pola rúa Veramar, onde recuperará o seu horario habitual.

Por último, as liñas que circulan desde a Praza de Ourense cara o Abente y Lago –1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A– transitarán pola avenida do Porto, túnel do Parrote e Praza das Ánimas, regresando, de novo, polo túnel. Para poder facer isto, a parada do Abente y Lago trasladarase á glorieta das Ánimas. Ademais, todas estas liñas que circulen polo túnel contarán cunha parada provisional á altura do Kiosco Alfonso, en ambos os dous sentidos.

Los comentarios no están permitidos.