A Xunta de Goberno local dará luz verde o próximo venres á aprobación inicial da modificación puntual no Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) que ten por obxecto ampliar o abano de usos permitidos nunha serie de inmobles de vivendas de carácter residencial de Novo Mesoiro, de forma que os seus baixos poidan albergar novos servizos, máis alá dos comerciais, os únicos que están permitidos neste momento. Esta modificación puntual, que terá que ser posteriormente referendada polo Pleno municipal, conta cos informes e autorizacións previas e necesarias doutras institucións, como a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e o Ministerio de Fomento, por mor das servidumes aeronáuticas sobre o ámbito da modificación. A intención do Executivo local é que a ampliación dos usos destes baixos comerciais (ubicados nos edificios RC1, bloques 2, 3 e 4, RC2, bloques 8,9 e 10, e RC3, bloques 11,12 e 13) posibilite que neles poidan levarse a cabo distintas actividades de carácter público, así como usos semellantes aos que se desenvolven neste momento no centro cívico da zona. O Goberno local entende que “a introdución destas actividades, que en todo caso serán dialogadas coa veciñanza da zona, contribuirá á dinamización e participación cidadá no barrio”.

A aprobación inicial por parte da Xunta de Goberno local do documento de modificación puntual do Plan Parcial do Sector 5 de Mesoiro someterase ademais a un trámite de exposición pública de dous meses, tras o anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Una Respuesta a “A Xunta de Goberno local dará luz verde a unha modificación no PXOM que posibilitará que os baixos baleiros de Novo Mesoiro poidan acoller usos cívicos, e que deberá ratificarse en Pleno”
  1. avatar anton dice:

    gran noticia, a ver si se agiliza

  2.