O Concello da Coruña celebrará este sábado, 1 de outubro, o sexto encontro Dillo ti. Conversas co alcalde e o goberno municipal, o programa de xuntanzas abertas entre a veciñanza e o executivo local que se celebran en distintos barrios da Coruña. Esta canle de participación directa, posta en marcha o pasado 30 de xuño no Centro Cívico de San Diego, ten como obxectivo crear espazos nos que a cidadanía poida conversar, sen intermediación, co seu Goberno, así como trasladar as súas demandas e inquedanzas, de xeito que sexan respondidas no mesmo encontro polos responsables municipais.

unnamed

Tras visitar os barrios dos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos e Agra do Orzán, a nova xuntanza do Dillo ti, terá lugar este sábado, ás 12.00 horas, no Centro Cívico de Novo Mesoiro. Como vén sendo habitual, o encontro, dunha duración aproximada de 90 minutos, contará cun servizo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e outro de tradución á linguaxe de signos.

Os vindeiros Dillo ti terán lugar noutros barrios da cidade. Así, o 5 de novembro os membros do Goberno municipal atoparanse coa veciñanza en Elviña, mentres que o 3 de decembro farán o propio na Cidade Vella. Toda a información destas xuntanzas está dispoñible na web municipal, no enlace www.coruna.es/conversascoalcalde,así como os vídeo resumos de cada unha delas, que se poden ver na canle oficial do Concello na plataforma Vimeo www.vimeo.com/concellocoruna.

Por outra banda, mañá xoves 29, terá lugar o encontro presencial aberto á cidadanía en relación ao proceso participativo posto en marcha polo Concello para definir os usos do parque de Bens. Nesta xuntanza, que terá lugar ás 18.00 horas no Centro de Emprego dos Rosais, porase en común toda a información recollida nas últimas semanas a través dos encontros con entidades e persoas usuarias do parque, entre os que se atopa o colectivo infantil, coa finalidade de promover o intercambio de reflexións e traballar en común nas alternativas e propostas de uso que pode albergar este espazo verde, como o deportivo, educativo ou área de esparcemento canino.

As persoas que acudan a este evento poderán facer as súas propostas sobre os usos do parque de Bens. Para participar neste acto só é necesario inscribirse no teléfono municipal 010 ou na dirección web www.coruna.es/aportaaberta

3 Respuestas a “O Centro Cívico de Novo Mesoiro acolle este sábado, 1 de outubro, un novo encontro participativo ‘Dillo ti’”
  1. avatar Michael dice:

    Llevo media hora dando vueltas por la web A Porta Aberta y no veo ningun sitio, link o enlace donde apuntarse… Alguna idea?

  2. avatar jose Blanco dice:

    Por no poder asistir me gustaría que se le preguntara lo siguiente:
    * Cuando van a finalizar el corredor entre fraguas do eume ribeira sacra que fue cedido por las comunidades de vecinos para abrir ese espacio y arreglarlo, ya que solo está ejecutada la parte central.
    * Realizarán el proyecto de ampliación del colegio aunque no se ejecute ahora, para tenerlo ya hecho.
    * Dada la población joven existente, se prevee hacer una instalación tipo San Diego con piscinas y gimnasios para esta
    zona.

    Muchas gracias y saludos,

  3. avatar anton dice:

    Ya han salido los resultados de a porta aberta.
    https://aportaaberta.coruna.es/presupuestos-participativos-resultados
    Donde anteriormente las relacionadas con nuestro barrio salieron muy bien paradas, resulta que ahora ni se mencionan.
    No sé porque no se ha dado la publicidad que se le dio en su momento a través de este portal.

  4.