O Goberno local sacará a licitación o contrato para desenvolver unha proposta de proceso participativo sobre os servizos culturais do Concello da Coruña de Novo Mesoiro. O proxecto, unha iniciativa das Concellerías de Culturas, Deporte e Coñecemento, e de Participación Cidadá e Innovación Democrática, ten como obxectivo dotar ao barrio e a súa contorna dun espazo polivalente, de natureza eminentemente cultural, no que se poidan desenvolver actividades que den servizo ás demandas da veciñanza. “Esta iniciativa de coprodución política coa cidadanía é un compromiso do Goberno local co deseño, de xeito colectivo, das políticas públicas”, indica a edil Claudia Delso, quen salienta que esta proposta, enmarcada en A Porta Aberta, “segue a liña doutros procesos” nos que se está a traballar desde a súa área, como a organización da cidade en distritos, os orzamentos participativos ou os usos do parque de Bens, “sendo así de novo un lugar de referencia no que poder participar, de forma permanente, nas decisións que afectan á cidade”.

A proposta, cuxas especificacións se publicarán na xornada do martes 13 de setembro no perfil do contratante do Concello, deberá articular un proxecto que garanta a diversidade na participación entre a veciñanza así como a accesibilidade nas accións de comunicación. A responsable municipal destacou como “fundamental” que “todos os colectivos implicados, desde as nenas e nenos, familias e mocidade ata as entidades veciñais, culturais, deportivas do barrio, así como a cidadanía dos barrios da contorna poidan realizar as súas achegas coa finalidade de dar resposta as súas necesidades”.

José Manuel Sande, concelleiro da área de Culturas, Deporte e Coñecemento, salienta que esta iniciativa quere responder “unha demanda veciñal existente”. “Os informes técnicos municipais sinalan que a densidade de poboación do barrio non é suficiente para a creación dunha biblioteca ao uso, pero sí que é viable a creación dunha proposta alternativa”, explica o edil, “que dé cobertura a Novo Mesoiro, Feáns, Someso, Birloque e Martinete”. Deste xeito, o Goberno local “poderá poñer en marcha un espazo dun espazo polivalente, de natureza eminentemente cultural, no que se poidan desenvolver actividades como contacontos infantís, clubs de lectura, exposicións, certámenes culturais, formación en novas tecnoloxías, cursos de idiomas ou talleres de lectura e escritura”, dixo.

Especificacións

Os e as solicitantes que queiran optar a este contrato menor, que contará cun orzamento de 9.500 euros, deberán presentar un informe sobre a súa experencia en relación ao desenvolvemento de procesos participativos ou organización de eventos con metolodoloxías colaborativas, unha proposta metodolóxica básica para o proxecto, a relación do equipo técnico asignado e a súa experiencia e formación na materia, así como xustificar ter realizado este tipo de servizo ­­cun obxecto similiar a da licitación municipal­­ como mínimo en dúas ocasións.

Unha vez sexa aprobado, o proceso de Novo Mesoiro desenvolverase, de forma integral, entre os meses de outubro e novembro. A empresa adxudicataria deberá realizar un mapa das persoas ou organizacións que participarán no proceso, e desenvolver a proposta metodolóxica presentada, contemplando a investigación previa da recollida de información, necesidades e expectativas da veciñanza, así como a proposta para os servizos culturais do barrio e plan de uso.

Na súa pro gramación contemplaranse, como noutros procesos de A Porta Aberta, encontros presenciais, que serán dinamizados e coordinados pola empresa adxudicataria, no que as persoas participantes coñecerán con antelación os obxectivos e duración dos mesmos e que non se estenderán máis de dous horas. Estas xuntanzas, para as que se deberá producir toda a documentación necesaria, poderán desenvolverse en distintos espazos do barrio, desde o centro cívico, as instalacións polideportivas municipais, na escola infantil ou outras localizacións que se consideren axeitadas en función das accións que se realizarán, e contarán con espazo de conciliación para atención de menores e intérprete de tradución de lingua de signos para persoas con deficiencias auditivas.

Una Respuesta a “O Concello saca a licitación o contrato para poñer en marcha un proceso participativo en Novo Mesoiro para deseñar os servizos culturais municipais no barrio”
  1. avatar Saitama dice:

    Merece una reflexión que el barrio con mayor densidad de niños de la ciudad, no tenga la posibilidad de ofrecerles una biblioteca municipal. Ya se sabe que hay hábitos que son necesarios adquirir a una edad temprana.

  2.