Dentro da súa decidida aposta polo deporte de base e non profesional, o Concello da Coruña colabora co Campionato de España de Boxeo Aficionado que se está a celebrar na cidade, concretamente no polideportivo de Novo Mesoiro. O evento, que reúne a máis de 300 deportistas de todo o Estado, conta coa colaboración de distintos departamentos do Goberno municipal. En concreto, a Concellería de Mobilidade solicitou á Compañía de Tranvías a ampliación das frecuencias da liña 21 do autobús urbano para as xornadas de venres e sábado, á fin de dar unha maior cobertura á cita deportiva. A frecuencia da citada liña, que conecta o centro da cidade co barrio de Novo Mesoiro será reforzada entre as 11.00 e as 14.30 e entre as 16.30 horas e as 21.30.

Ademais, o Concello tamén colabora coa organización do evento con tarefas loxísticas ao ceder o espazo no que se celebra o campionato. A este respecto, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, quixo destacar que “esta cita deportiva, unha vez máis, sitúa A Coruña, de xeito destacado, no mapa do deporte galego e estatal”. “Esta é unha cidade cunha gran tradición puxilística, con deportistas, mulleres e homes, de primeiro nivel, pero tamén cunha cada vez maior aficción a nivel amateur”. “Este Concello aposta de forma decidida polo deporte de base, tanto polos valores que fomenta como pola súa accesibilidade, e o noso compromiso con este campionato é mostra, unha vez máis, delo”, comentou, á vez que destacou tamén o papel da veciñanza da zona, “que está volcada neste evento, que non só é unha cita deportiva moi reseñable, senón que atrae xente a toda a cidade”.

Una Respuesta a “A Concellería de Mobilidade Sostible aumentará as frecuencias da liña 21 do autobús urbano este venres e sábado para dar cobertura ao Campionato de España de Boxeo Aficionado”
  1. avatar Lola dice:

    E dónde está o reforzo da liña??
    Nos buseros que son distintos dos habituales? Eu pensaba que era pa cubrir vacacións, días libres e esas cousas…
    Onte a freciencia da liña 21 era a mesma: tres coches con salida cada 20 minutos

  2.