A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do servizo do Punto Limpo Móbil para o mes de xuño, no que se achegará ata 11 ubicacións distintas da cidade. Hoxe e mañá instalarase no barrio dos Castros, en concreto no número 5 da rúa Claudio San Martín, mentres que o venres 6 e sábado 7 atoparase en Lonzas, xunto ao parque infantil da avenida de Cádiz. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

A vindeira semana, os días 7, 8 e 9 o Punto Limpo Móbil situarase na praza Pablo Iglesias, e nas xornadas do venres 10 e sábado 11, en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark. Nos seguintes días, o servizo estará dispoñible para a veciñanza do 14 ao 16 na praza da Audiencia Provincial (r/ Capitán Juan Varela) e os días 17 e 18 na rúa Gaiteira, 31. Na vindeira semana, o camión comezará o servizo os días 21 e 22 en Novos Ministerios (Luis Seoane), para continuar o 23 en Mesorio  pero o día 24, por ser festivo, non estará operativo. Si prestará o seu servizo ao día seguinte, o sábado 25, que se atopará en Vioño. Finalmente, o Punto Limpo Móbil rematará o mes no Campo de Marte (28 e 29) e na Praza Elípitca dos Rosales (30).

Una Respuesta a “O Punto Limpo Móbil estará no barrio o día 23 (Illas Sisargas),”
  1. avatar San pedro dice:

    O punto limpio nos importa un webo, cuando en el barrio no se limpian lad calles como dios manda, los parques sin cortar la maleza( en algunos puntos ya no se ven ni los senderos) cuando no tenemos fsrolas ni fuentes en el parque de ribeira sscra, cuando lo que iba a ser un bulevar entre fragas do eume y ribeirs sacra se convirtió en un monumento al cemento (tipico en carlos negreira) o una escalera al cielo, cuando las aceras estan levantadas en muchos puntos del barrio, cuando no se da respuedts a las demandas del barrio, cuando nos tienen marginados en temas como el ambulatorio, biblioyecs, centro social, piscina, gimnssio, colegio, guarderia con suficientes plazas ,cuando no obligan a recoger ls mierds de los perros y hay que andar por los parques como si fuera un campo de minas y
    un largo etcetera
    O sea que lo del pukto limpio nos la trae al pairo

  2.