avv

Adxuntamos o texto para a recollida de asinaturas que realizaremos polo barrio  para solicitar a XUNTA a creación dun turno de tarde no Centro de Saúde de Novo Mesoiro

Todas aquelas persoas que queiran firmar poden pasar polos establecementos do barrio que teñan o texto pegado na súa cristaleira.

Tamén se querdes colaborar na recollida de asinaturas podédesnos pedir a documentación a traves do noso email avv@novomesoiro.com

Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos solicitando a dirección do SERGAS, e no seu caso a  dirección da Xunta de Galicia – Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde, a creación dunha quenda completa  de tarde no Centro de Saúde de Novo Mesoiro, centro que  acolle a todos @s veciñ@s de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, Urbanización Breogán, POCOMACO e as Rañas.

Como ven saben, a tanto a dirección do SERGAS como da Xunta de Galicia, vivimos nuns barrios afastados do resto da cidade, onde calquera desprazamento  a outro centro de saúde supón a necesidade de movernos no coche, ou de empregar a rede pública de transporte utilizando transbordo cando menos de 2 autobuses, xa que non temos posibilidade de acudir a outro centro de Saúde a pé, supoñendo un agravio fronte outr@s veciñ@s da cidade.

A falta dunha quenda pola tarde supón que moit@s veciñ@s decidan non trasladar a súa tarxeta ao centro de saúde do barrio por incompatibilidade horaria, e se a isto se lle suma que non hai unha matrona e so un pediatra, cunhas listas de espera as veces de máis de 7 días fai que os datos que manexa o SERGAS en solicitudes non sexan reais, e que a demanda sexa moito maior da que existe, polo que a excusa de falta de solicitudes que din  non se acorda coa realidade, a parte é o único centro de saúde da cidade que so ten unha quenda de traballo.

Se a isto sumamos que somos o barrio con mais nenos en idade escolar con mais de 1800 e cunha media de idade total que non sube dos 33 anos, NON PODEMOS ACEPTAR que so exista unha quenda no noso centro de saúde, con 2 médic@s ( que acostuman a cambiar a cotío), 3 enfermeiras ( 1 de pediatría) e 1 pediatra, para máis de 8000  posibles usuarios.

Por iso os abaixo asinantes solicitamos a XUNTA de GALICIA, e no seu caso, a CONSELLERÍA DE SANIDADE que:

A creación doutra quenda de tarde para o Centro de SAUDE de NOVO MESOIRO cun  equipo de medic@s, enfermeir@s, matronas e pediatr@ para atender @s veciñ@s do barrio”

4 Respuestas a “Recollidas de asinaturas Centro de Saúde”
  1. avatar Proposta dice:

    Por qué non facedes outra recollida por change?

  2. avatar AVV dice:

    Boa idea, farémolo

  3. avatar xenxa dice:

    muy interesante

  4.