avv

Dende a directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos denunciar que o barrio de novo mesoiro ten un recorte máis nun servizo público tan básico como é a asistencia en pediatría para os novos nacementos do barrio.

Desde o pasado mes de decembro,  no centro de saúde do noso barrio non aceptan máis altas novas en pediatría. Isto supón que se tes o teu  primeiro rapaz/a  terías que buscarte  outro centro de saúde na cidade que cho poida coller, coa única  excepción que manteñen  para aceptar mais nen@s e se tes un/unha fill@ maior con alta no centro de saúde,  xa que teñen a obrigación de aceptar o nov@ irmá/an no mesmo centro.

O Centro de Saúde de Novo Mesoiro ten como área de influencia  os barrios de  Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, e a Urbanización  Breogán, o que supón mais de 12000 persoas, con máis de 1800 nen@s empadroados. Para toda esta xente  só temos  2 médicos de familia,  1 Pediatra e 3 enfermeiras (unha de pediatría) , e non hai matrona ( e iso que somos o barrio con máis nacementos de toda a provincia e Galicia),  e todo so na quenda de maña .  Isto provoca que moita xente destas zonas afectadas, teñan que apuntarse noutros centros de saúde para que poida compatibilizar co seu traballo as posibles asistencias aos médic@s. Se a isto sumámoslle  que  non se pode apuntar a mais nen@s en pediatría, e que  por riba a solución que te dan e que te busques ti o centro de saúde, vemos claramente un recorte  social neste  servizo público básico por parte da Xunta de Galicia.

Esta situación parécenos bochornosa, somos o barrio que máis nacementos temos (mentres a natalidade baixa en toda Galicia en Novo Mesoiro crece) , que mais nen@s en idade escolar hai de toda a cidade, un barrio en crecemento de poboación,  e somos os que menos servizos públicos nos asinan dende as distintas administracións (recordamos tamén que non temos servizo público de transporte  directo a outro centro de saúde ,ao  CHUAC, ou a centros con especialistas médicos,  debendo facer varios transbordos para chegar a eles).

Dende a AVV de Novo Mesoiro levamos moitos anos demandando a Consellería de Sanidade que se aumente servizos do Centro de Saúde por qué non chegan para a demanda que temos e provoca que moita xente do barrio teña como centro de saude outro da cidade. Un centro de saúde que é totalmente novo, cunha planta  enteira baleira, sen ningún uso, e con espazo para poder dar moitos máis servizos @s veciñ@s.

Por isto dende a AVV pedimos publicamente o apoio de todas as forzas políticas da cidade que nos representan no concello, pedíndolles o seu compromiso de defender publicamente esta demanda básica para o noso barrio.

Tamén pedidos unha reunión urxente cos representantes da Consellería de Sanidade para que expliquen @s veciñ@s cales son as causas de estas carencias e cales van a ser as solucións que propoñen.

A noticia correu pola rede e xa temos o comunicado de prensa do concello e o que está a sair hoxe nos medios

La Opinion de A Coruña

Radio Voz

Radio Cope

13-04-16 Nota Reunión coa Consellería de Sanidade_Página_1 13-04-16 Nota Reunión coa Consellería de Sanidade_Página_2

 

 

 

Una Respuesta a “Cupo fechado en Pediatría no Centro de Saúde de Novo Mesoiro”
  1. avatar Trs dice:

    A resposta da Consellería aos medios é que non hai pediatras suficientes , que forma de tomarnos o pelo os veciños, que abran prazas, será por médicos que queren traballar. Isto non se pode permitir http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/04/14/sergas-alega-carencia-pediatras-justificar/1059931.html

  2.