A Concellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha o programa anual de limpeza e corte de maleza, que busca eliminar a vexetación cuxo crecemento poida entorpecer tanto a visibilidade como a accesibilidade en zonas urbanas e periurbanas do concello. Este plan acostuma a desenvolverse cada ano durante os meses de primavera e verán, e tamén é unha forma de evitar focos onde se poderían xerar lumes. O citado programa, que arrincou xa o pasado venres, desenvolverase en 26 ubicacións distintas da cidade.

En concreto, ao longo deste mes de abril, activarase nas zonas de Eirís­Uxío Carré (onde os operarios que levarán a cabo estas tarefas de limpeza estarán até o día 7); Visma­Loureiro (do 8 ao 12 de abril); Bens­Penamoa (os días 13, 14 e 15 de abril); Ventorrillo­A Silva (16 e 18 de abril); no barrio dos Mallos (días 19 e 20); Os Anxos (21,22,23,25 e 26) e Mesoiro­Feáns (nas xornadas do 27, 28 e 29 de abril e o 2,3 e 4 de maio).

Entre os meses de maio e xuño tamén se actuará na zona das Xubias, Castrillón, Castro de Elviña, Nostián, Palavea, Os Castros, Atochas­Monte Alto, Oza, Matogrande, Gaiteira, Labañou, Peruleiro­Mariñeiros, Santa Margarita, Portiño­Campanario, Barrio das Flores, Monelos, Riazor, Zapateira e Sagrada Familia.

Así se completará o primeiro período de desbroce e limpeza, que se volverá a repetir nunha segunda fase, entre os meses de xuño e agosto, e nunha terceira entre agosto e setembro, nos mesmos barrios.

Os operativos encargado de realizar estas tarefas de limpeza traballará nos días sinalados en dúas quendas de 07.00 horas a 14.00 e de 14.00 a 20.00 horas, de forma que a retirada da maleza quede asegurada de cara a entrada da época cálida.

Los comentarios no están permitidos.