Adecuación de terreo para execución de rotonda en DP­0512 con estrada de Cemiterio­Urbanización Breogán (Feans­cruzamento co cemiterio)­ (Deputación da Coruña)

Prorrógase ata o venres 13 de maio de 2016 ás 20 horas esta obra, na que é necesaria en horario continuo a ocupación parcial de calzada permitindo o movemento de tráfico.

Terminación proxecto de mellora trazado DP0512 O Birloque­Arteixo (Deputación da Coruña)

Prorrógase ata o venres 13 de maio de 2016 ás 20 horas esta obra, na que é necesario en horario continuo o corte de carril regulado con semáforos. A lonxitude do corte non excederá de 100 metros. No cruzamento Feans­Obradoiro mañá sábado 12 de marzo entre as 8:30 e as 18 horas, será necesaria a ocupación de carril dando paso alternativo con señalistas.

Recrecido de tapas de arquetas e sumidoiros en DP­0512 Mesoiro Pobo (Deputación da Coruña)

Desde hoxe ata o mércores 23 de marzo de 2016 ás 16 horas, será necesaria a ocupación dun carril, dándolle tráfico alternativo con semáforos polo carril que queda libre. Os fins de semana non haberá afección.

Sinalización horizontal na Zapateira e Mesoiro

Entre mañá sábado 12 e o domingo 13 de marzo de 2016 en horario laboral de 8 a 17 horas, será necesario o corte parcial con señalistas de obra para a sinalización horizontal (pintura de estradas) na Zapateira (Alfonso Molina­AC­14) o sábado e Mesoiro (Pocomaco­zona asfaltada) o domingo.

Los comentarios no están permitidos.