NOTA INFORMATIVA

Dende a directiva da AVV queremos informar do que ven solicitando a AVV con respecto que saíu onte nos medios de comunicación sobre a construción dun CEPI no noso barrio. Queremos recalcar que esta demanda ven solicitada por parte da veciñanza do barrio ante unha necesidade básica e urxente sen cubrir. Por iso queremos presentar publicamente estas aclaracións:

 

  •   En maio de 2015 presentouse por Rexistro na Xunta a demanda dun CPI, centro público integrado, que teña toda a educación obrigatoria, coa recollida de case 4000 mil firmas polo barrio en so 15 días. Resaltar que o que máis urxe agora é o ciclo da ESO, xa que os colexios públicos onde @s nen@s do noso barrio estudan ( Manuel Murguía, Alborada, Salgado Torres) carecen deste ciclo. Dada a singularidade do noso barrio e as distancias co resto de centros públicos de educación da cidade, e que este ciclo non existen no noso barrio, teríase que acudir ou a IES Elviña, IES Puga Ramón ou cunha liña ao CIFP Someso para poder estudalos, cunha distancia que pode ser ate de 4-5 km. Hai que ter en conta que en xaneiro de 2015 eran 1575 nen@s os empadroados no barrio, polo que se pode dar moi facilmente que moitos deles non teñan praza nestes centros e se teñan que repartir pola cidade. Por iso urxe que se programe para o barrio a creación dun CPI e non dun CEIP como veñen nas noticias que onte saíron nos diferentes medios de comunicación.
  • Como complemento da proposta  inicial d@s veciñ@s, e para que a inversión sexa menor, propuxemos as administracións (Concello e Xunta) que se puidera combinar, inicialmente,  as novas instalacións coas existentes no colexio Manuel Murguía,  repartindo nos dous centros toda a educación obrigatoria, e recortando os gastos que levan facer este tipo de centros.
  • Dende a AVV  queremos mostrar o noso malestar por que temos solicitado varias veces por rexistro unha reunión c@s representant@s da Consellería de Educación da Xunta de Galicia   para informarlles das demandas da veciñanza e poder compartir opinións, a última solicitude foi fai un mes; e polo de agora non tivemos ningunha resposta por parte deles, só tendo a información no que sae nos medios ou nos informa o Concello.
  • Queremos tamén afirmar que non imos entrar en guerras entre administracións polo que les pedimos a ámbalas dúas que non usen subterfuxios legais para dilatar este proceso e que antes de rematar o ano xa se teña empezado a construción do novo centro.
  • Que a nova ubicación levaría que se retirasen os ortos urbanos, tendo o compromiso do Concello que os reubicaría noutro espazo do barrio.

Por todo isto solicitamos unha xuntanza coas distintas administracións ( Concello e Xunta de Galicia) para que nos expliquen cal son os proxectos existentes, ubicacións e prazos e como se poden combinar coa demanda da veciñanza, pudendo realizase esta xuntanza en convocatoria aberta a todo o barrio ou só con representantes da AVV e de nais e pais do barrio.

 

4 Respuestas a “Colexio en Novo Mesoiro”
  1. avatar maleba dice:

    Pois haberá que facer unha nova recollida de firmas para que incluan a ESO.
    Tendo en conta que este ano hai eleccions á Xunta (en principio en outono), poder ser un bo momento para presionar, xa que está claro que se non hai eleccions pasan bastante do que pensan os veciños

  2. avatar Ortegal dice:

    Si no nos hacen caso tendriamos que manifestarnos de alguna manera llamando a los medios de comunicacion ,ya que la mala prensa es una de las cosas que mas les duele a los politicos.

  3. avatar Aura dice:

    Creo que deberiamos presionar con este tema antes de que no tenga remedio. Desdeluego que hace falta un colegio que incluya la ESO, vaya cristo para los padres que con hijos de distintas edades se vean obligados a separarlos o claudicar con otros colegios fuera del barrio, porque no cubra éste las necesidades.
    En cuanto a la ubicación del colegio, alguien puede decirme si se ha valorado el terreno q está al lado de la caracola? No hubiese quedado mal que los dos centros estuviesen cerca, además de que es una zona mas transitada.

  4. avatar chef dice:

    YO creo que el terreno donce está la Caracola,no vale ni para la misma. Ésa zona es un veneno. Si queremos que los críos falten la mitad de días al año al cole,entonces bien 🙂

  5.