Dende a directiva da AVV queremos aclarar o noso posicionamento  sobre a xutanza que se tivo hoxe, convocada polo Delegado da Xunta de Galicia Diego Calvo, para nos informar sobre as vivendas VPO do edificio de Ribeira Sacra 15-21.

a) Ante todo queremos mostrar o noso malestar coa actitude previa da Xunta, xa que a convocatoria que fixo por parte dela non poñía que a reunión ía ser en exclusiva sobre posibles desaloxos de varias familias. O noso malestar tamén, por que se avisou previamente a  algúns medios de comuniciación sobre o contido da reunión e non @s propios convidad@s, e por que tamén se chamou despois a prensa e demais medios, cun caracter claramente propagandístico,  en vez de asumir  por parte da Xunta, a dilixencia  e cautela necesaria que merece esta problemática para a sua resolución.

b) Que a problemática da convivencia deste edificio  levase arrastrando xa máis de 5 anos, onde a Xunta de Galicia é propietaria da maioría dos pisos. Que é  unha problemática complicada, e  que a sua solución pasa por un compromiso por parte das distintas administracións (Concello e Xunta) no control e seguimento da convivencia, e  que non se pode pretender lavar a cara, simplemente adoptando unha medida de desaloxo contra varias da familias, as cales non son o maior dos problemas que ten  @s veciñ@s deste edificio,  e no canto, non asume outras medidas que si servirían para ir arranxando as cousas.

c) Que a AVV actúa como enlace entre os propietari@s afectad@s e as administracións, e en ningún momento, vai participar nin entrar nas disputas  entre as distintas institucións, xa que ese non é o camiño para buscar unha solución.

Por iso pedimos unha:

1- Implicación e compromiso público do Concello como responsable dos baixos e dalgunhas das vivendas, asi coma o responsable dos asuntos sociais da nosa cidade. Que rehabilite os baixos e que se cordine co IGVS para o control e seguimento do edificio.

2- Implicación e compromiso público da Xunta, para facer o seguimentos e controles necesarios  @s veciñ@s de alugueiros que teñen nas suas propiedades,  asi coma no pagamento das cuotas de comunidade, xa que acostuma a deber cantidades enormes o que conleva que o mantenimiento do edificio non se podar realizar con regularidade e  que se incremente o seu custo. Tamén que sorte as vivendas baleiras que teñen,  a xente con diferentes perfiles sociais para que se normalice a convivencia.

3- Que ambas administracións participen na Comisión de Seguimiento creada en decembro deste ano pasado, participando e informando dos avances e das problemáticas que vaia xurdindo para buscar unha solucion conxunta.  .

4- Que haxa un compromiso público por parte da duas adminstracións (Xunta e Concello) a non tratar este tema como unha disputa entre elas e que se senten se cordinen co fin de buscar unha solución xa.

 

 

 

 

 

Una Respuesta a “XUNTANZA COA XUNTA POLAS VIVENDAS DE VPO”
  1. avatar Ribeirasacrense dice:

    Aclarar un poco mas el tema porfavor, porque no entiendo nada.
    Llevamos días, casi semanas leyendo que la Xunta va a expulsar a las familias problemáticas. Y no estoy entendiendo si es que no las va a expulsar, si lo va a hacer y no os gusta el formato, o no se. Enserio no es crítica, es simplemente que no entiendo el problema porque el comunicado no aclara donde esta la discrepancia con la Xunta.
    Nuevamente y lo dije con el PP y lo digo con La Marea, creo que el concello poco puede hacer en este tema, y únicamente dar apoyo, llamemos moral y logístico a la situación.

  2.