A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou na mañá deste luns a campaña que o Concello promove para a recollida diferenciada de roupa usada e materiais téxtiles, e que se inicia hoxe coa colocación dos primeiros contedores que se instalarán por toda a cidade para permitir que a cidadanía deposite esta clase de residuos. O programa, que se desenvolve a través dun convenio coa entidade Padre Rubinos, abre así a súa primeira fase coa instalación de 22 depósitos en espazos municipais da cidade –principalmente centros cívicos e mercados municipais–, e continuará nas próximas semanas con outros 53 recipientes. O convenio contempla un total de 125 contedores, que se irán distribuíndo progresivamente na cidade ata o mes de xuño. “O Concello quere potenciar este tipo de recollida diferenciada, que ten unha grande calidade na separación e que, sobre todo, está servindo para introducir socialmente a persoas con necesidades de reincorporarse ao mercado laboral”, valorou a responsable municipal, quen avanzou que o departamento de Medio Ambiente está traballando para implantar este sistema a outros produtos. “Temos que aproveitar este tipo de residuos valorizables, que revisten interese económico, para acadar unha maior igualdade e maior inserción laboral da cidadanía”, apostou a concelleira, quen explicitou tamén “o interese do Goberno local por facilitar que a xente separe os residuos na casa, como xa ven facendo, para que estes non aparezan no contedor amarelo e, posteriormente, na planta de tratamento”.

unnamed

Esta iniciativa, que a concelleira presentou hoxe xunto ao presidente da entidade Padre Rubinos, Eduardo Aceña, intégrase dentro do proxecto estratéxico RE­CIDADE da Concellería de Medio Ambiente, orientado a potenciar a xestión dos residuos na cidade mediante a participación cidadá e a través de accións encamiñadas á redución dos refugallos, a mellora da separación selectiva e da reciclaxe, co obxectivo tamén de contribuír á xeración de emprego e a integración laboral de persoas en risco de exclusión social, en colaboración cos axentes sociais involucrados. Neste caso, o programa contempla a instalación dun total de 125 contedores e inclúe tamén un servizo de recollida a domicilio, cuxa xestión poderá facerse a través do teléfono 981 909 292. Os primeiros puntos de recollida estanse a implantar nos centros cívicos de San Diego, Castrillón, Palavea, Feáns, Mesoiro, Os Mallos, Monelos e Os Rosales, ademais doutros puntos como son o Fórum Metropolitano, os mercados de Ramón Cabanillas, As Conchiñas, Elviña, Adormideras, Monte Alto e praza de Lugo, o polideportivo do Ventorrillo, a praza de Santa Catalina, a praza de Pontevedra, o ambulatorio de San José o Campo de Marte, a Farmacia Militar e a sede da institución Padre Rubinos.

8 Respuestas a “O Concello colocara contenedores para a recollida diferenciada de roupa usada e materiais téxtiles en Mesoiro”
  1. avatar xenxa dice:

    Gran noticia al menos no se usara para la venta como otras de recogida haber si se acuerdan del barrio y pronto tenemos uno cerca.

  2. avatar Dufy dice:

    Eu seguirei colaborando con Caritas, que estou convencido o 100 por 100 a donde vai destinada a roupa( e a cencia certa que non acaba nim mercadillo)

  3. avatar jose dice:

    yo lamentablemente entregue ropa en los puñeteros contenedores en los que al final acaba la ropa en los mercadillos y la verdad que no fue poca. Yo no la necesitaba, pero si la dono es para gente que la necesita gratuitamente no para que negocien con ella. Lamentablemente no instalaron estos antes en el barrio.

  4. avatar ajacied dice:

    Dufy, siento decirte que también mucha de esa ropa acaba en los mercadillos. Aunque eso sí, otra mucha va a parar a donde se necesita, donde debería ir toda la ropa donada.

  5. avatar Dufy dice:

    Ajaecied si yo dono directamente a caritas( en persona) y despues veo como a distribuien ,despues de clasificala,ver que no este dañada ou que este limpia non creo eu que despois unha persoa que lle dero unha roupa a proba ou a leva para os seus cativos que despois a vaia a vender,por certo me dixeron que o que mais precisaban era roupa de neno pequerrecho

  6. avatar Ribeirasacrense dice:

    Donar directamente o en contenedor? Que mas da? Lo importante es que llegue a quien lo necesita.
    Asi que no os recrimineis unos a otros por donde lo donais, sino felicitaros por hacerlo. Yo por lo menos os agradezco que lo hagáis.

  7. avatar ajacied dice:

    Lo único que digo es que por desgracia alguna ropa de cáritas también va donde no debe, no culpa de cáritas por supuesto; Yo también he visto como ropa donada a cáritas acababa donde no debía, pero lo importante para mi es que cáritas es donde mayor número de ropa acaba donde más se necesita. Pero ya te digo, lo de los mercadillos están muy bien organizados y saben cómo hacerlo.

  8. avatar dufy dice:

    ajaecied partiendo de la base de que perfecto no hay nada, yo seguire´ donando a Caritas porque entre otras cosas vi como la repartian entre la gente necesitada y ademas se quedaban cortos porque por desgracia alguien sin escrupulos se esta aprovechando de la buena voluntad de gente como tu ,yo y demas gente que donamos a buena fe y alguien se acaba lucrando.
    Y lo vuelvo a repetir que siguen teniendo mucha falta de ropa sobre todo de niños .
    Ribeirasacrense tu nos agradeces que lo hagamos, pero tu lo haces?

  9.