CANCELACIÓN ACTIVIDADE ENTROIDO 2016

Ante a proximidade do entroido ( semana do 8-14 de febreiro) e debido as situacións persoais da maioría da directiva da AVV, aprobamos cancelar a actividade da festa de Entroido que viñamos facendo no pavillón estos últimos anos.

A preparación e a realización deste tipo de eventos require unha serie de recursos, de persoral e de tempo para organizalos,  dos que neste momento non dipoñemos para esta actividade, polo cal decidimos suspendela ante a imposibilidade de realizarla co mínimo de calidade que exiximos en cada evento noso, e adicar os nosos esforzos noutras labores  e proxectos relacionados coas melloras que necesita o noso barrio.

Agradecemos que en cada evento a venciñanza responda  participando masivamente nas actividades que realizamos, sempre nos da folgos para continuar. Tamén queremos agradecer  persoalmente a  labor que  realizan @s voluntari@s que traballan con nós na organización destos eventos, gracias a eles, o seu traballo, e o seu tempo, podemos realizar estas actividades.

Temos pendente a realización das festas do barrio para a finais de agosto e necesitamos da participación e traballo de máis xente, para que sexan as mellores festas da cidade.

Por iso facemos un chamamento para que máis xente se implique na AVV, tanto como voluntari@ coma como soci@s, e traballe canda nós.

Los comentarios no están permitidos.