A carreira afectará ao barrio na mañá do domingo, día 10, desde as 10 ata as 13.30 h. A proba terá a saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do Colexio Liceo La Paz.
Durante a celebración das carreiras das diferentes categorías, na rúas do percorrido prohibirase a saída dos garaxes, permitíndose nos tempos entre as probas. Nalgunhas zonas suprimirase o estacionamento e noutras prohibirase desaparcar.

A carreira absoluta desenvolverase pola rede viaira da universidade, o que implicará o corte do carril de acceso de Pocomaco cara Alfonso Molina no sentido saída da cidade (obrigando a facer o cambio de sentido en Ponte da Pedra) manténdose operativa a glorieta de Pocomaco­Alfonso Molina. Este realizarase desde as 10.15 horas até as 11.15 horas.

En todo momento manterase o acceso ao Hotel Attica 21 e ao aparcadoiro da praza do Eroski desde a entrada do Hotel.

Los comentarios no están permitidos.