A AVV xunto coa colaboración da directiva da Federación de Peñas do Deportivo de A Coruña, convidate a poder ver o partido do Deportivo-Villareal do vindeiro Domingo 3 de xaneiro as 18:15 nun placo privado do estadio.

unnamed

A directiva da Federación de Peñas cede a AVV de Novo Mesoiro o palco que lles ten prestado o concello para que 9 rapazas/rapaces e 1 adulto poidan disfrutar da experiencia de poder ver o noso DEPOR.

O obxectivo é que os ne@s do barrio poida disfrutar dun día co seu equipo, por iso a federación cedeunos o palco que lle ten prestado o concello para que vari@s nen@s poidan disfrutar do encontro co Villareal o vindeiro domingo 3 de xaneiro as 18:15.

Para participar no sorteo tes que:

a) Ter entre 7-12 anos

b) Mandar os datos da rapaz/rapaza xunto cos dun tutor, un email e un tlf de contacto a conta presidente@novomesoiro.com. Ultimo día para se apuntar será o 31 de xaneiro as 18:00 da tarde.

c) Non ser soci@ ou abonad@ do depor.

d) Ser veciñ@ de Novo Mesoiro, Feans ou Mesoiro.

Unha vez recibidos os email, se o número de solicitudes é superior ás prazas se fará un sorteo que se comunicará por email a todos @s participantes. @s nen@s iran acompañados sempre polos seus/suas tutor@s ata a entrada no estadio, onde un adulto se responsabilizará deles no palco

Rogamos que aquelas persoas que poidan levar algunha vez o campo os seus rapaces, eviten apuntarse xa que o que buscamos é que @s nen@s que nunca poideron ir a ver o DEPOR teñan unha oportunidade de disfrutalo no campo.

A parte intentaremos facer algunha outra cousa como por exemplo poder sacar algunha foto cos xogadores….

Temos o compromiso de que se a experiencia é boa poidamola repertir noutro partido con máis prazo para organizalo.

Saudos

Xosé Aller

Presidente da AVV de Novo Mesoiro

Los comentarios no están permitidos.