A Concellería de Culturas e Deporte vén de anunciar a apertura do de inscrición para a V Carreira Popular Novo Mesoiro – Memorial Iván Rocha Freire, que se celebrará o domingo 13 de decembro, a partir das 10.30 horas, no barrio de Novo Mesoiro. Esta é a segunda das sete probas do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, que arrincou o pasado domingo, 29 de novembro, con máis de 1700 deportistas percorrendo as rúas de Os Rosales.

CoruñaCorre-MESOIRO-2015-ABSOLUTA

A proba absoluta de Novo Mesoiro terá a saída e meta no lateral do polideportivo de Novo Mesoiro. As e os corredores percorrerán unha distancia aproximada de 5535 metros polo barrio. A partir de aí, o resto de categorías sairán paulatinamente:

XUVENIL

11:35

2.325 m. aprox.

CADETE

11:35

2.325 m. aprox.

INFANTIL FEMININO

11:50

1.600 m. aprox.

INFANTIL MASCULINO

11:50

1.600 m. aprox.

ALEVIN FEMININO*

12:05

800 m. aprox.

ALEVIN MASCULINO*

12:20

800 m. aprox.

BENXAMIN FEMENINO*

12:35

800 m. aprox.

BENXAMIN MASCULINO*

12:50

800 m. aprox.

PREBENXAMÍN*

13:00

150 m. aprox.

*Horarios orientativos

Os dorsais individualizados, diferentes para cada carreira e de uso obrigatorio, poderán recollerse no polideportivo de Novo Mesoiro o sábado (de 11.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas) e o propio domingo, até unha hora antes antes do inicio de cada carreira. No pavillón tamén se instalará o servizo de duchas e gardaroupa.

Para participar no Círcuito de Carreiras Coruña Corre, é obligatorio que cada deportista confirme a súa inscrición en cada proba dentro do prazo establecido para cada unha das sete carreiras. As persoas interesadas poderán anotarse a través da web www.coruna.es/carreiraspopulares ou de www.championchipnorte.com, e será gratuíta para as categorías xuvenil, cadete, infantil, benxamín e prebenxamín

A cota de inscrición para para participar no Circuíto é de 10 euros e, como novidade este ano, para persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou posuidoras do Carné Xove, é de 7,00 euros. Para aquelas persoas que opten por inscribirse individualmente en cada unha das carreiras, a cota será de 2,00 €, agás as que conten con bonificación, que será de 1,00 €. En ambos os casos non se inclúe o chip. Para quen teña interese en acceder ao sistema de cronometraxe e aparecer na clasificación final, será obligatorio dispoñer deste dispositivo. No caso de non posuílo, poderá alugalo ou mercalo tanto para esta proba como para o circuíto completo, unha medida que aparece recollida no regulamento íntegro da competición e que se atopa dispoñible na web www.coruna.es/carreiraspopulares.

O prazo de inscrición para anotarse tanto no IV Circuíto Coruña Corre como na V Carreira Popular Novo Mesoiro finalizará o vindeiro mércores 9 de decembro, ás 24:00 horas. Toda a información sobre os servizos, percorridos e datas das vindeiras probar atópase na web municipal de Carreiras Populares.

 

Los comentarios no están permitidos.