Dende a directiva da AVV de Novo Mesoiro queremos vos informar de que temos apresentado unha enmenda os Orzamentos da Xunta de Galicia 2016. Enmenda realizada na partida orzamentaria de educación, sobre a creación dun novo colexio para o noso barrio.

Entendemos que esta partida inicial de investimento que aparece para o ano 2016, non obriga Xunta a realizar ninguha inversión educativa nestes vindeiros anos, xa que so é unha partida para un estudo. Por iso vémonos na texitura de apresentar esta enmenda, coa finalidade de que non se dilate o proceso en varios anos e que no 2016 xa se comece a realizar as diversas obras da construcción do novo centro educativo.

Tamén na propia enmenda se sinala que o que demanda o barrio é un CPI, Centro Público Integrado, e non un CEIP (infantil e primaria) que é pon nos orzamentos.

Para solucionar a carencia que ten o barrio neste tema é fundamental que unha vez que se realiza unha inversión esta esté enfocada a solucionar todas as necesidades do barrio, e non só nunha parte; por iso na nosa enmenda se solicita un espazo que englobe toda a educación obrigatoria (ate os 16 anos) , poidendo distribuirlo entre a nova edificación, coa xa feita do colexio Manuel Murguía, e reducir así os costes totais.

SOLICTAMOS UNHA REUNIÓN COs REPRESENTATES DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN E DO CONCELLO para que se nos explique cal é o proxecto, prazos e solucións a nosa proposta presentada, e informar a toda a veciñanza.

Os deixamos aqui o enlace da enmeda

Xosé Aller

Presidente da AVV de Novo Mesoiro

Tlf: 677404029

Los comentarios no están permitidos.