O Circuíto Coruña Corre pechará a súa terceira edición o vindeiro 18 de novembro cunha gala final no Centro Ágora. A clausura, que terá lugar ás 19.00 horas, porá o punto e final a un ano marcado pola alta participación, con máis de 2300 inscricións. Durante a celebración entregaranse os trofeos correspondentes as categorías b enxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos, especial e familiar, ademais dun obsequio a todas e todos os deportistas que finalizasen todas as probas do III Circuíto Municipal Coruña Corre.

O III Coruña Corre comezou o 19 de outubro de 2014 e estivo formado este ano por seis carreiras que levaron as e aos atletas a percorrer distintos barrios da cidade. A III Carreira Popular dos Rosales, a IV Carreira Popular Novo Mesoiro, a nocturna V Carreira Torre de Hércules, a VIII Cros Baixada San Pedro, a III Carreira Popular Ventorrillo e a IV Volta Popular a Oza conformaron unha competición na que participaron deportistas de todas as idades.

A nova tempada chegará ás rúas coruñesas o 2 de novembro coa V Carreira Popular Novo Mesoiro. O IV Circuíto Municipal Coruña Corre p resentarase nos vindeiros días cunha reformulación na súa estrutura e novidades no seu regulamento.

Los comentarios no están permitidos.