A?concelleira de Medio Ambiente, María García, visitou na mañá deste mércores a escola municipal infantil A Caracola, en Novo Mesoiro, que vén de iniciar un proxecto piloto de compostaxe caseira no que participa o alumnado e o equipo formativo, coa colaboración da empresa Ingesyma. A iniciativa, que ademais de formación para os pequenos e pequenas e o persoal docente inclúe a colocación dun composteiro e o seu seguimento durante os primeiros meses, ata que saia o primeiro compost, segue a liña do proxecto educativo de A Caracola, que xa conta cun comedor ecolóxico, horta e programas de naturalización e rexeneración.

A responsable municipal felicitou na súa visita o traballo do equipo de A Caracola e animou a outros centros a sumarse a iniciativas neste sentido, dentro do interese da concellería por fomentar as accións de naturalización e sustentabilidade nos centros educativos. Neste sentido, o Concello ten aberta unha liña de traballo na que se incluirán proxectos de compostaxe caseira para vivendas unifamiliares e de compostaxe comunitaria para comunidades veciñais, co fin de mellorar a xestión a pequena escala, pechando un ciclo natural nas propias vivendas e diminuíndo considerablemente os problemas de recollida e transporte na xestión da materia orgánica.

unnamed

Una Respuesta a “A escola municipal A Caracola inicia un proxecto de compostaxe caseira para concienciar aos nenos e nenas”
  1. avatar Xenxa dice:

    Haber si el huerto urbano hace lo mismo, y podemos colaborar los vecinos

  2.