Carlos Ares, o presidente da Academia Galega do Audiovisual, será o noso pregoeiro das Festas de Novo Mesoiro 2015.

carlosares

O recén escollido Presidente da Academia Galega do Audiovisual, o guionista, o pouco granuxa, o produtor executivo e director, adoptado de Monte Alto, e desde hai dous anos de Novo Mesoiro cando participou de xurado no Entroido de 2013, un dos fundadores de Zopilote SL, partícipe dalgúns dos proxectos máis importantes do audiovisual galego das últmas dúas décadas, como “Mareas Vivas”, “Pepe o Inglés”, “O Rei da Comedia”, “Air Galicia”, “Goomer”, “As Leis de Celavella”, “Selección galega. 70 anos despois”, “Labregos do Mar”, “Vogando” ou “Era Visto”,  e, por suposto, curuñés de pro con carné CeTeuVe, Carlos Ares, será o pregoeiro das nosas festas este ano.

O pregon ten previsto realzarse ás 21.30 h, e será o pistoletazo de saída do concerto DenomeRock co que iniciaremos as festas deste ano. A partir dese momento agardamos que todas as actividades e eventos sexan do voso agrado e que todas e todos dsfrutemos destes tres días de esmorga e troula.

Los comentarios no están permitidos.