Nos vindeiros días a Asociación de Veciños procederá a pasar a cota anual 2015 das persoas socias.

Deste xeito sinalar:

  • Todas aquelas que teñades domiciado o pagamento desta cota lembrade que son 10,00 € por cada persoa socia titular e 3,00 € por cada persoa socia familiar, estando exentas de pago todas as persoas socias infantís menores de 14 anos. Se por algunha circunstancia cando se pase o recibo da cota esta non se corresponde coa altas que tes dado podes poñerte en contacto con nós no enderezo electrónico tesorero@novomesoiro.com para subsanar o erro.
  • Para todas aquelas persoas que non teñades a cota domiciliada, durante esta semana, mañá, martes 18, o mércores 19 e o xoves 20 (e probabelmente a semana que vén mais aínda con datas e horarios por confirmar), varias e varios compañeiros da xunta directiva estaremos no despacho da A.VV. no Centro Cívico, en horario de 19.00 h a 20.00 h, para facltar o pago en man. Se por calquera circunstancia non podes pasar polo despacho nese horaro pero queres facer efectiva a túa cota tamén podes poñerte en contacto con nós no mesmo correo arriba indicado, tesorero@novomesoiro.com, tentando buscar unha data e hora altenativas.

 

Moitas grazas.

logo_asociacion

Los comentarios no están permitidos.