A Concellería de Medio Ambiente reabre a última hora desta tarde a área de xogos infantís da rúa dos Ancares, en Novo Mesoiro, despois dos traballos de mellora aos que se someteu o espazo, que se iniciaron no mes de xuño. A actuación, que contou cun investimento de 76.551 euros, permitiu ampliar a oferta lúdica coa colocación do xogo “El Pesquerito”, que foi retirado da Mariña. As obras tamén serviron para modificar o peche que protexe as dúas superfícies de xogos e colocar un único valo perimetral arredor da zona que elimina obstáculos interiores e permite aos usuarios e usuarias moverse con máis liberdade entre os xogos.

Na intervención tamén se procedeu á mellora dos pavimentos interiores e da xardinería da contorna da área infantil, á que se lle incorporou sistema de rega en varios puntos.

Una Respuesta a “Medio Ambiente reabre a área de xogos infantís da rúa Ancares, en Novo Mesoiro, tras as obras de mellora”
  1. avatar Toti dice:

    Ya podían arreglar la zona de alládo donde plantaron los árboles porque en el parque está todo verde y allí está todo seco no creo que se les fuera del presupuesto poner unos áspersores de más

  2.