Este pasado venres varios membros da Xunta Directiva da A.VV. mantiveron un primeiro contacto co novo goberno municipal. Neste caso coa nova concelleira de Participación e Innovación Democrática Claudia Delso.

Nesta reunión foron trasladados todos os puntos reivindicativos que neste momento forman parte das demandas da asociación (podes velos pinchando neste enlace) e que xa no seu día foron trasladados a todas as candidaturas que se presentaron ás pasadas eleccións municipais. Con especial atención foron tratadas as reivindicacións da construción do Colexio Integrado, as necesidades de recursos humanos no Centro de Saúde, carente de servizo de matrona e cun so pediatra, ademais da falta de atención polas tardes e de servizo de urxencia, e, tamén, a mobilidade e transporte público e a falla de infraestruturas acaídas que nos conecten co Campus de Elviña e a propia cidade polo Birloque ou a avenida das Lamelas. Tamén foille remitido un pequeno informe urbanístico con anotacións de distintas e actuacións das cales a propia asocación está elaborando un estudo detallado para tratar de xeito diferenciado e integral.

O CPI, o Centro de Saúde ou a mobilidade foron algúns dos principais temas tratados.

Por último o tema que máis debate xerou na reunión foron as festas deste ano no barrio, que como todos os anos pretendemos que sexan no último fin de semana de agosto. Este asunto, que xa debería ter pechado o anterior goberno municipal, e que non chegou nunca a tratar coa asociación, estaba xa recollido na axenda da nova concelleira e do propio da área Cultura. Deste xeito a asociación comprometeuse a trasladar o proxecto que temos aprobado desde decembro do ano pasado (xa se remitu) co obxecto de darlle encaixe dentro do proxecto gobal de festas para a Coruña que está elaborando o actual goberno municipal. En todo caso, Claudia Delso indcounos que están procurando pechar en primeiro lugar o “Noroeste” para logo concretar barrio a barrio as festas e comprometeuse a poñernos directamente en contacto co concelleiro de Cultura (cousa que xa se fixo).

Lembra que para calquera aportación podes pinchar na pestana “AVISOS” desta mesma páxina.

20150710_164726 20150710_164707

Los comentarios no están permitidos.