O alcalde insistiulle o presidente da Xunta a necesidade da construción dun centro escolar en Novo Mesoiro que dea cobertura a 2.000 alumnos que teñen que desprazarse diariamente desde un barrio illado do resto da cidade. Ferreiro recordou ao presidente galego que hai urxencia e terreos dispoñibles. O Concello dispón de varias parcelas que poderían ser válidas para construír un colexio e que pon a disposición da Administración galega para este fin. O presidente galego indicou que os técnicos da Xunta non consideran apropiado a primeiro ubicación que proxectaban e dixo que “estudaría” o ofrecemento municipal de novos terreos.

Ferreiro tamén lle propuxo ao presidente galego “que a Xunta colabore no plan do Concello para a erradicación de asentamentos precarios”, un tema no que Feijóo amosou predisposición.

Outros dos temas que se abordou na reunión foi o da necesidade de colaboración entre os tres aeroportos galegos. O presidente galego agradeceu públicamente a disposición do Concello da Coruña no interese por “coordinar o sistema aeroportuario”. “Saúdo a iniciativa que o alcalde me traslada de coordinar o sistema aeroportuario, algo que se intentou sen éxito até o de agora”, dixo Feijóo, quen tamén destacou “o ton e a visión de país” de Xulio Ferreiro. Este, pola súa parte, destacou que “cooperando neste eido seremos máis fortes que competindo”.

Los comentarios no están permitidos.