Este luns remata o prazo para a recollida de sinaturas para solicitar o colexio no barrio. Se aínda non asinaches podes facelo como moi tarde durante esta fin de semana en calquera dos comercios do barrio que nos está axudando nesta campaña.

E se tes aínda algunha folla que levaches para que asinaran os teus familiares e amizades lembra e tes que entregala o luns de 18.00 h. a 19.30 h. no despacho da asociación no centro cívico (se non puideses nese horario podes deixala antes do luns na caixa de correo da A.VV. no propio centro cívico ou en calquera comercio).

Todas as sinaturas recollidas serán presentadas o martes día 31, ás 13.00 h. na delegación da consellería de educación, presentación á cal convidamos a que participe calquera veciña ou veciño que o desexe.

Moitas grazas por axudar a traer un #CPIparaNovoMesoiro

Los comentarios no están permitidos.