#CPIparaNovoMesoiro

A iniciativa da veciñanza do barrio de Novo Mesoiro, da A.VV. de Novo Mesoiro e de pais e nais dos barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, As Rañas, Urbanización Breogán e Polígono de POCOMACO, nomeadamente, e doutras zonas da contorna de San Vicenzo de Elviña e do municipio da Coruña, en xeral, ven de se promover a recollida masiva de sinaturas para presentar na Consellaría de Educación para solicitar a construción dun Centro Público Integrado, que inclúa as liñas suficientes para unha oferta formativa que comprenda Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, co obxecto de poder ofertar educación pública para os barrios de Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, As Rañas, Urbanización Breogán, Polígono de POCOMACO, e outras zonas da contorna de San Vicenzo de Elviña, no municipio da Coruña.

As follas de sinaturas están repartidas por todos os comercios do barrio e poderás asinar en calquera deles. Ademais, membros da A.VV. estará todos os mércores de marzo de 18.00 h. a 20.00 h. no despacho do centro cívico para que, se queres, ou se che é máis cómodo, pases por alí a asinar a túa reivindicación.
Ademais, e se o tempo o permite, os sábados colocaremos unha mesa na zona infantil do parque que da ao polígono de POCOMACO para que ningunha veciña e veciño quede sen a posibilidade de asinar.

Por un CPI en Novo Mesoiro!

Los comentarios no están permitidos.