A A.VV. de Novo Mesoiro entregou hoxe parte das doazóns recibidas pola iniciativa “Un alimento por unha entrada”.
En colaboración co Banco de Alimentos de Cáritas San Fernándo de Feáns, a AVV de Novo Mesoiro, e aproveitando a organización da Festa de Entroido 2015 – III Concurso de Disfraces, tivo a iniciativa de trocar as entradas para o evento a cambio dun alimento non perecedoiro.
E o barrio, como non podía ser menos, respondeu de xeito masivo. Así, e á falta de repartir pouco máis de 100 entradas das 500 que permite o aforo do pavillon, a asociación fixo hoxe xa entrega de boa parte dos alimentos achegados ao despacho xa que este quedou pequeno para recoller todas as doazóns recibidas.
Da gusto vivir nun barrio tan solidario como este.
E lembra, aínda que so quedan pouco máis de 100 entradas, mañá, de 18.00 h. a 20.00 h., no despacho que a A.VV. ten non Centro Cívico podes retirar a túa entrada… a cambio da túa doazón.

Los comentarios no están permitidos.