A A.VV. organiza para o vindeiro domingo 15 a xa tradicional festa de Entroido.
Desta volta, e en colaboración co Banco de Alimentos de Cáritas – San Fernando de Feáns, as entradas repartiranse a cambio dun alimento non perecedoiro (arroz, legumes, pastas, conservas, etc).
O horario para a recollida de entradas será de 18.00 h. a 20.00 h. desde o luns día 9, e durante toda a semana que ven, no despacho do centro cívico.
Este ano, ademais do concurso para nenas e nenos, haberá concurso de disfraces para persoas adultas con dúas categorías: individual e grupo.
Agardámosvos!!!

cartel_entroido_novomesoiro_2015

Los comentarios no están permitidos.