A Asociación de Veciños de Novo Mesoiro, de acordo ás resolucións tomadas na última reunión da súa Xunta Directiva
TRASLADA:

aos distintos grupos e formacións políticas con representación no Pleno do Concello da Coruña e en función da súa propia consideración e ao abeiro do disposto no regulamento do que se dota as celebracións das reunións daquel, consonte ás distintas iniciativas que se poden presentar, ben preguntas orais ou escritas, rogos, mocións, ou calquera outra que naquel estea recollido, as seguintes tres cuestións para introducir o seu debate na próxima reunión ordinaria
e como MELLOR PROCEDA:

1. Seguridade viaria nas áreas infantís do conxunto do barrio.

A finais de novembro de 2014 foi remitida a demanda da necesidade de dotar de varandas de seguridade e protección ás áreas infantís existentes nas contornas das rotondas viarias no conxunto do barrio de Novo Mesoiro. Consideramos desde a xunta directiva desta asociación que esta actuación é prioritaria sobre o resto de medidas que en seguridade viaria se deberían acometer no barrio.

Por iso a insistencia da nosa solicitude, así como, de instar ás organizacións políticas con representación no barrio de presentar iniciativas a este respecto para tentar dar solución á maior brevidade posíbel desta carencia.
Deste xeito, a xunta directiva da A.VV. de Novo Mesoiro quere inquirirlle ao Pleno da Coruña, e como mellor proceda,

  • Se existe algunha partida xa aprobada ou prevista para a colocación de varandas de protección nos actuais parques infantís pretos das rotondas da avenida de Novo Mesoiro ou na rúa Ribeira Sacra con rúa Fragas do Eume, coma as que por exemplo xa hai noutros barrios da cidade como na praza Elíptica do barrio dos Rosais.
  • Se existen estas partidas, gustariamos que se nos indique cales son os prazos para a execución das obras.
  • Se xa están previstas estas obrar, gustariamos que a súa execución fose inminente, dada a evidente necesidade de actuación.
  • E se non existe ningunha partida, ben coma parte duns orzamentos correntes, ben coma partida diferenciada e concreta, gustariamos que se incluíra como unha actuación prioritaria, e que cubrira ao conxunto dos parques destinados a uso infantil e que están preto das rotondas no barrio de Novo Mesoiro.

Por último, e agardando que se realice calquera actuación, sería posíbel a colocación de varandas de protección provisional para aumentar de xeito temporal a seguridade destas zonas?

Captura de pantalla 2015-02-03 a las 23.56.27

Captura de pantalla 2015-02-03 a las 23.57.39

Captura de pantalla 2015-02-03 a las 23.58.17

2. Execución do proxecto para o alumeado público no parque situado entre Novo Mesoiro e o polígono de POCOMACO.

Xa se teñen denunciado, en algunha ocasión, os continuos cortes de luz que sufre o parque de Novo Mesoiro. E, así mesmo, a carencia ou mesmo insuficiencia dos puntos de luz que hoxe en día existen. Esta zona é frecuentada por numerosa veciñanza do barrio, tanto por conter unha grande área infantil, ser unha zona de esparcemento onde poder pasear ou mesmo por ser unha zona ampla onde levar ás mascotas sen causar molestias ao resto da veciñanza. Mais tamén é unha zona onde se pode practicar deporte e que incluso ten varias pistas de terra, onde practicar runnig/footing, e as cales non teñen iluminación algunha.

Ate esta asociación veciñal ten chegado numerosa veciñanza sinalándonos da conveniencia de dotar estas pistas de puntos de luz, tendo en conta que nesta época precisamente de inverno anoitece moito antes, limitando o uso do parque a horas moito máis cedas que no verán.

Asemade, xa área de urbanismo e medio ambiente ten asinado o pago da redacción do proxecto para a iluminación de zonas verdes en Novo Mesoiro a principios de decembro do ano pasado.
Deste xeito, a Xunta Directiva quere preguntar:

    • Se xa existe unha previsión de datas para a execución da instalación dos puntos de luz, tanto de nova creación como de reforzo aos xa existentes, no parque de Novo Mesoiro.
    • De existir esa previsión de datas, solicitar que se adiante para unha execución inminente para, canto menos, estar realizada a obra antes da finalización do inverno de 2015.
    • De non existir esa previsión, solicítase desde a A.VV., que se faga a maior brevidade posíbel e con datas anteriores á finalización do inverno de 2015.
    • Do mesmo xeito, e atendendo ao conxunto da zona verde, solicitamos que se dote algunha partida económica para a adecuación, mantemento e conservación das pistas de terra coa fin de crear un paseo global e que

una todas as zonas posteriores do barrio e que dan ao polígono de POCOMACO.

 

3. Pavillón polideportivo de Novo Mesoiro.

Con data de martes, 18 de novembro de 2014, esta asociación, a través dun solicita xenérico (o cal se achega), informaba á Concellaría de Deportes que varias persoas se tiveran posto en contacto coa mesma co obxecto de mediar coa propia concellaría para trasladarlle a posibilidade de practicar actividades deportivas no pavillón de Novo Mesoiro en horarios de tarde e que non estiveran xa reservados. Nese solicita xa mencionabamos que eramos conscientes da prioridade das entidades federadas para o uso do pavillón. Mais tamén facíamos indicación que o noso barrio, o máis novo en idade media dos seus habitantes da cidade, en torno aos 30-34 anos, é un barrio onde se practica moito deporte, máis a conciliación da vida laboral e familiar fai que a devandita práctica so se poda realizar en horarios de serán.

Así, solicitábamos sendas actuacións.
Pero pasados máis de dous meses desde esta solicitude aínda non tivemos contestación por parte da Concellaría de Deportes, polo que nos vemos na obriga de dirixírmonos mediante esta vía, e a través das organizacións políticas, e ao amparo do regulamento do pleno do concello.
E por iso, que desde a Xunta Directiva de Novo Mesoiroqueremos saber:

    • Os horarios dispoñíbeis daquelas franxas que poderían ser usadas para apráctica deportiva no pavillón de Novo Mesoiro, preferentemente no horario de tarde/noite, e que non son empregadas por ningunha entidade federada.
    • Solicitamos, asemade, que esta información sexa colocada nun lugar visíbel no propio pavillón, clasificado por franxas horarias, para poder ser consultadas, e se proceder, reservadas para a súa utilización, pola veciñanza de Novo Mesoiro.
    • Tamén solicitamos se poña a disposición da veciñanza de Novo Mesoiro o uso das instalacións do pavillón de Novo Mesoiro, de haber constancia que existe algunha franxa horaria que non está sendo empregada por algunha entidade federada e que teña concedido o seu uso.Por último, e ao igual que hai dous meses, aproveitamos para lembrar A NOSA PRINCIPAL REIVINDICACIÓN: a construción do Complexo Educativo. Xa cos datos publicados do último censo de poboación a 1 de xaneiro de 2014, e comparado co de 2013, houbo un aumento da poboación menor de 10 anos censada no barrio dun 1,21%, pasando do 20,47% ao 21,68%, 1.488 nenos e nenas respecto aos 1.369 do ano anterior (119 nenos e nenas máis). E desas 1.488 crianzas, 947, o 63,62% son menores de 5 anos1. Agora mesmo hai case mil nenos e nenas menores de 5 anos no barrio de Novo Mesoiro, sen contar a todas e todos os que naceron durante o 2014.Agradecendo de antemán a todas as formacións políticas con representación no Concello da Coruña da toma de coñecemento destas peticións, e agardando interceden por nós, e como mellor proceda, no procedemento que permita o Pleno do Concello, reciban un saúdo.

Los comentarios no están permitidos.