A Asociación de Veciños de Novo Mesoiro está en negociación por medio do Concello da Coruña para tentar facer extensíbel a prórroga da subvención do 50% do pago do IBI este ano 2014. Entre hoxe e mañá, o concello da Coruña, a través da concellaría de barrio, poñerase en contacto con nós para comunicarnos se efectivamente se pode, ao igual que nos tres últimos anos, facer un pago reducido e subvencionado do 50%.

Deste xeito prégase a todas aquelas persoas que estean en réxime de aluguer co IGVS que NON EFECTÚEN MAÑÁ VENRES 28 O PAGAMENTO DO IBI e que agarden canto menos ate o luns día 1 de decembro, xa que de facer mañá o pago terían que pagar o 100% deste ano. Lembrar que o prazo para o pago do IBI remata o 5 de decembro, polo que de se chegar a un acordo para que só se pagase ese 50% aínda quedaría toda a semana que ven para facelo.

Mañá venres 28, en canto teñamos notificación oficial do concello da Coruña colgaremos neste mesmo blog a resolución administrativa final.

Para máis información podes chamar a o teléfono da Asociación 677404029 ou escribir un correo electrónico ao email avv@novomesoiro.com

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE NOVO MESOIRO

Los comentarios no están permitidos.