O domingo día 2 de novembro dispútase polas rúas do noso barrio a carreira popular de Novo Mesoiro que está incluída no calendario de carreiras populares CoruñaCORRE, e que leva o nome Memorial Iván Rocha, que neste ano cumpre a súa III edición.

O desenvolvemento desta actividade require da participación dun grupo de persoas voluntarias que realice as tarefas de colaboración coa Policía Local e Protección Civil, co control de saídas de garaxes do tráfico, coordinación da proba ou mesmo de complemento e axuda a calquera incidencia que puidera haber.

Deste xeito, a Asociación Veciños, como en anos anteriores, fai un chamamento á colaboración de quen quixer participar coma voluntaria ou voluntario o día da carreira.

Para apuntarse podes facelo do seguinte xeito:
– Mandando un correo ao enderezo electrónico avv@novomesoiro.com.
– Apuntándote en persoa o mércores 29 de outubro no despacho que a asociación ten no centro cívico entre as 18.30 h. e as 20.30 h.

Moitas grazas pola túa colaboración e participación.
Xunta Directiva da A.VV. Novo Mesoiro.

logo_carreira_popular_final

Los comentarios no están permitidos.