A A.VV. de Novo Mesoiro celebrou onte á mañá, sábado 13 de setembro, sendas asembleas, unha ordinaria, para facer balanzo das actividades desenvolvidas durante este último ano, e a outra, extraordinaria, para a elección de nova xunta directiva. Ambas asembleas se celebraron no centro cívico de Novo Mesoiro, a partir das 11.30 h., e nelas estaban convocadas as máis de 800 persoas socias que hoxe en día forman parte da asociación máis populosa da cidade.

Na primeira asemblea, a ordinaria, deuse conta do informe de xestión, onde se recolleu unha escolma das actividades feitas desde maio de 2013 ate agosto deste ano, e o informe da tesouraría, cunhas contas saneadas e cun saldo positivo que permitirán afrontar á asociación a repetición de eventos coma a festa do Samaín-Halloween ou a festa do Entroido, e que contan coa numerosa participación da veciñanza do barrio.

Para a segunda asemblea, co único punto de elección de nova xunta directiva, so se tiña presentada unha candidatura. Neste sentido indicar que o anterior presidente, Nilo Moreno, e vicepresidente, José Manuel Boquete, deron o relevo a un novo grupo de persoas, que teñen como principal obxectivo dar continuidade ao traballo comezado por eles. Deste xeito, a nova xunta directiva quere destacar o traballo realizado e a dedicación destas dúas persoas durante estes dous últimos anos, e que permitiron rescatar a asociación desde unha situación case agonizante. Máis ala, o novo grupo de traballo quere dedicarlles un especial agradecemento, deixándolles a porta aberta á súa incorporación en calquera momento, tomándoos como referencia para este novo período que comeza.

Así, a nova Xunta Directiva queda configurada do seguinte xeito:
– Manuel Francisco Méndez López (presidencia).

– Lorena María Mallo Gómez (vicepresidencia).

– Xosé Aller Viaño (secretaría).

– Martina Iglesias Montoto (tesouraría).

– Iago Mira Romero (vogalía vicesecretaría).

– Roberto Perez Cernadas (vogalía).

– Mónica Calvo Delgado (vogalía).

– Benito José Villar Pena (vogalía).

– Luis Penas Queimadelos (vogalía).

– Francisco Rolle Bermúdez (vogalía).

– María Carmen Piñeiro Golán (vogalía).

– Ana Belén Roca Vázquez (vogalía).

Esta nova xunta directiva queda a disposición de toda a veciñanza do barrio. En vindeiras datas publicaranse os días de atención ás persoas socias que disporemos no despacho do centro cívico.

2 Respuestas a “A Asociación de Veciños de Novo Mesoiro elixiu hoxe nova Xunta Directiva.”
  1. avatar chef dice:

    Suerte para la nueva directiva en esta nueva etapa que se abre

  2. avatar lo limpio dice:

    a seguir en la misma línea.

  3.