IU nos manda la siguiente nota:

O corte na estrada DP-052, Birloque-Feáns-Mesoiro, polos traballos de canalización do río Mesoiro está a provocar importantes retencións nas horas punta. As obras, que durarán un mes, poñen de manifesto a precaria comunicación viaria dos barrios mais afastados coa zona centro.

Os atascos en Novo Mesoiro son para Esquerda Unida a constatación da nefasta planificación urbanística do PSOE. Os atascos provocados polas obras de canalización do río demostran a precariedade nas infraestruturas de acceso aos polígonos urbanísticos aprobados por anteriores gobernos do PSOE. Unha vez máis demostrase que esta cidade foi gobernada durante moitos anos para e por os intereses económicos das grandes construtoras en lugar de facelo para á cidadanía. En todo caso EU recrimina ao PP que as obras non se levasen a cabo en agosto e que non se aproveite o corte para mellorar o vial. En xullo aínda hai moita xente que traballa en Pocomaco e en agosto o tráfico redúcese, tampouco se entende que ante a precariedade da estrada non se acometan ao tempo traballos de mellora.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reclama ampliar o transporte público colectivo en barrios con conexión deficiente e problemas de mobilidade como Novo Mesoiro. Os barrios da periferia precisan dunha redistribución de liñas e frecuencias e dunha ordenación seria que chegue aos nexos de poboación urbana para facer fronte aos problemas de mobilidade. Novo Mesoiro, Birloque, Os Rosales ou San Pedro de Visma demandan máis frecuencias e o bus urbanos ten que estar en todos os barrios por igual, porque a día de hoxe neste barrios non cumpre cosa expectativas dos usuarios.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “é inaceptable que en pleno século XXI a veciñanza de Novo Mesoiro quede practicamente illada da cidade durante un mes”. Nos últimos tempos o tráfico na cidade empeorou sensiblemente e a concelleira de Mobilidade e Negreira contribúen activamente ao follón. Negreira debería centrarse nas melloras urxentes que precisa a Coruña traballadora e abandonar os proxectos millonarios inmorais.Nada fixo o goberno popular en relación coa mobilidade máis que emporala e malgastar 472.000€ nun proxecto de plan de Mobilidade (PMUS) con 68 declaracións de inconcretas de boas intencións.

Grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes

 

Los comentarios no están permitidos.