Izquierda Unida manda el siguiente comunicado a los medios sobre las Hipotecas de Protección:

Mentres as persoas están a sufrir de maneira con maior virulencia as consecuencias da crise, as políticas austerizidas do PP están a botar a rúa a máis xente. A retirada das axudas ás vivendas de protección oficial, cando o número de desafiuzamentos increméntase na Coruña, é un exemplo de como os populares gobernan para os banqueiros e os poderosos.

Esquerda Unida considera que a eliminación das axudas ás vivendas de protección oficial é un novo atraco contra as familias traballadoras. A pesar dos informes negativos tanto do Valedor do pobo, como do órgano a nivel estatal (a Defensora del Pueblo), o PP recortou outra axuda social máis, negando, como sempre fai que a crise continúe afectando a quen máis se lle recorta, ou que o mes siga tendo moitos días para tan pouco soldo. O goberno central argumenta esta medida antisoicial na baixada do tipo de intereses, mentres esquece a constante redución do poder adquisitivo das familias beneficiadas por estas axudas, debido ao desemprego, a baixada xeneralizada de salarios, os recortes nos servizos sociais, o copago sanitario ou a suba de taxas universitarias e a eliminación da gratuidade nos libros de texto. 

Como consecuencia desta situación moitas familias vense privadas dunha axuda de entre 80 e 100€, axuda establecida no momento de acadar a vivenda protexida e que agora o goberno central ven de eliminar unilateralmente. Os colectivos agredidos por esta medida, atópanse indefensos pois teñen a obriga de manter os contratos hipotecarios coas actuais entidades bancarias asinados para acceder á vivenda de protección oficial que teñen peores condicións que o resto de hipotecas. Esta actuación está a poñer en grandes dificultades a moitas familias traballadoras con salarios inferiores aos mil euros, dos que máis da metade (504 € de media) teñen que dedicar ao aceso á vivenda. 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o repunte dos desafiuzamentos e froito das políticas antisociais do PP, polo que reafirmámonos na función social do acceso á vivenda que dende o concello pódese acadar a través da xestión de EMVSA dun parque de vivendas en aluger social. Nesta primeira etapa do ano os desafiuzamentos na Coruña incrementaronse, na actualidade xa van 110 expedientes presentados dos que 77 xa foron resoltos. Por iso esiximos que o goberno municipal habilite un servizo de aluguer de vivendas a prezo xusto, a cambio de xestionar de xeito integral todo o relativo a vivenda, asegurando incluso aos rendistas a devolución do inmoble en iguais o mellores condicións, tralo remate do contrato.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “apoiamos e solidarizámonos con todos afectados por esta medida inxusta do goberno central, que na cidade da Coruña concéntranse principalmente en Novo Mesoiro. Por moito que baixen os tipos de interese, se non soben os soldos a precariedade segue a ser a mesma, polo que estas axudas fanse imprescindibles”.

Grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes

Concello da Coruña

Los comentarios no están permitidos.