A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, vén de presentar unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar para emprazar o Goberno central a restituir as axudas ás hipotecas, que foron suprimidas mediante un Real Decreto Lei de 2012. Esta supresión, sinala o BNG, está a prexudicar miles de familias e persoas con débedas hipotecarias. No caso concreto da Coruña, a supresión aféctalle, nomeadamente, as persoas que residen no barrio de Novo Mesoiro. Calcúlase que só neste barrio hai máis de 400 familias afectadas.

A deputada do BNG explica nas iniciativas que o Goberno central suprimiu através do artigo 35 do Real Decreto Lei 20/2012 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria, as axudas de subsidiación de préstamos do Plan de Vivenda 2009-2012, e “mesmo foi máis alá ao facer unha lectura retroactiva do artigo que afecta ao Plan de Vivenda da Xunta de 2005-2008”.

“É alarmante que só se adopten medidas que recaen no peto da cidadanía máis necesitada”

Rosana Pérez sinala que eran axudas a hipotecas moi beneficiosas para miles de familias, que se viron gravemente afectadas pola súa eliminación. O malestar das moitas das persoas afectadas chegou á Defensora del Pueblo, que realizou un informe contrario á interpretación extensiva do artigo 35 en que aconsella a revisión e o abono das axudas recoñecidas, mesmo censurando o carácter retroactivo da lei, afirma a deputada do BNG.

 

Para a parlamentar nacionalista “nun momento como o actual, no que as familias atravesan por situacións moi complicadas e onde o pagamento das hipotecas é unha lousa que pesa demasiado sobre as economías domésticas, resulta totalmente censurábel que o Goberno do Partido Popular elimine as poucas axudas que existían neste ámbito. E máis censurábel aínda que teña carácter retroactivo”.

 

Neste contexto, Rosana Pérez demándalle ao Executivo a recuperación destas axudas hipotecarias, anular o carácter retroactivo da lei e proceder ao abono das axudas recoñecidas con anterioridade ao cambio normativo aplicado en 2012.

5 Respuestas a “O BNG LEVA AO CONGRESO A SUPRESIÓN DAS AXUDAS ÁS HIPOTECAS, QUE PREXUDICA, SINALADAMENTE, A VECIÑANZA DE NOVO MESOIRO”
  1. avatar ribeirasacrense dice:

    Alguien que me aclare algo! No habían presentado ya los 4 partidos políticos del Ayuntamiento esta petición en el último pleno?

  2. avatar pequerrechín dice:

    Que ten que ver o pleno.municipal co congreso??,

  3. avatar ribeirasacrense dice:

    Pues tiene que ver mucho, la moción que sacaron adelante, PP, Psoe, IU y BNG era llevar a la Xunta y al Congreso el levantamiento de la paralización de las ayudas.
    Si lo presentan los 4 partidos, porque ahora el BNG lo hace por libre? que quiere apuntarse el tanto? o nos esta vendiendo la moto?
    Digo yo que si los 4 partidos pactan un texto, lo han votado, lo van a llevar a la Xunta, y al Congreso, no entiendo porque el BNG ahora hace otro texto.

  4. avatar Manuel Francisco Méndez dice:

    Pois ten bastante que ver; Imos por partes:
    En primeiro lugar agradecer as dúbidas e comentarios. É necesario que se entere o máximo posibel de xente afectada que lle poden sacar a axuda que complementa o seu pago da hipoteca. E é necesario informarlle do que se está facendo o do que pode facer.
    En segundo lugar, non se trata de anotarse ningún tanto. Parece que hai consenso, polo menos aquí no concello da Coruña, de que o que está facendo a Xunta é unha cabronada. Pero dito isto, o que se fixo no concello é unha denuncia pública sin máis consecuencia, xa que o concello non é a administración que esta aplicando a retirada da axuda.
    Hai que explicar que a retirada da axuda ven provocada pola aplicación do Real Decreto-Lei 20/2012, “Medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade”, aprobado a nivel de estado e aplicado unilateralmente pola Xunta de Galiza. Este Real Decreto-Lei por tanto deberá ser retirado no ámbito correspondente, o Congreso dos Deputados, ou, non deberá ser aplicado pola administración que o aplica, a Xunta de Galiza.
    Por iso o BNG presentou esta iniciativa no Congreso dos Deputados. E alí, nin PP, nin PSOE estarán de acordo en votar esta proposición; e se non vexamos a votación, cando se produza.
    Pero antes disto houbo un largo percorrido xa que o BNG tivo coñecemento de primeira man da problemática que había en Novo Mesoiro. E tamén en Oleiros, no Carballo, ou en Vigo, xa que este problema afecta a todo o país.
    Así, o BNG xa presentou en abril de 2012 unha iniciativa no mesmo sentido (pedindo a retirada) no Parlamento de Galiza (enlace desta inicativa:http://www.bloguenacionalistagalego.org/2013/04/carme-adan-sobre-retirada-das-axudas.html), mantivo reunións cos colectivos afectados en toda galiza (en Novo Mesoiro en novembro), e chegou a presentar unha segunda interpelación a principios de decembro pasado (enlace desta outra iniciativa: http://youtu.be/9K1XwMSlA4c). E incluso antes do consenso dos grupos do concello o grupo municipal do BNG na Coruña presentou un rogo oral (enlace: http://www.bng-galiza.org/cidadedacorunha/2013/12/19/o-bng-leva-a-pleno-as-axudas-as-hipotecas-de-vecins-de-novo-mesoiro/).
    Por iso, a maiores do positivo qué é que haxa consenso por parte dos grupos aquí, na Coruña, detrás hai un traballo de case un ano facendo seguimento deste problema co único obxectivo de solucinalo e que a Xunta restitúa as axudas.

    Para máis información pódese ver todas as inicativas nos seguintes enlaces:
    http://www.bng-galiza.org/cidadedacorunha?s=+hipotecas&submit=Buscar

    Moitas grazas polas dúbidas. E lembrade que hai un correo para poñerse en contacto coas persoas que están levando o grupo no noso barrio: afectadoshipotecamesoiro@gmail.com

  5. avatar ann dice:

    Creo que deberíais hacer una manifestación,los vecinos de Novo Mesoiro,pues el que quitaran las ayudas de las hipotecas,en esta época de crisis, me parece inhumano,debeis luchar al máximo sois todos jóvenes los vecinos de esa zona,y teneis que hacer piña entre todos.Un saludo cordial y suerte en vuestro empeño.

  6.