Dende a AVV de veciñ@s de Novo Mesoiro convocamos unha reunión c@s veciñ@s afectados pola supresión das axudas ao pago das hipotecas das vivendas de promoción pública.  SÁBADO 11 DE MAIO ás  11:30 no CENTRO CÍVICO,.

         Dende xullo do 2012 o goberno está a denegar as solicitudes de renovación das axudas que tiñamos como propietari@s de vivendas de protección, en base o artigo 35 do Real Decreto- Lei 20/2012, “Medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade”

 

Art. 35 “Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012.A partir de la entrada en vigor de este Real Decreto-ley quedan suprimidas las ayudas de subsidiación de préstamos contenidas en el Real Decreto 2066/2008, de 12 de diciembre, por el que se regula el Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012.Así mismo no se reconocerán aquellas solicitudes que estén en tramitación y que no hayan sido objeto de concesión por parte de la Comunidad Autónoma

 

 

         Na última xuntanza realizada o dia 19 de marzo quedaramos en convocar outra a posteriori, para informar da noticias acontecidas ate o momento en relación a problemática xerada pola retirada das axudas, así como para organizar unha estrutura de afectad@s  e de  posibles afectad@s (xa que o longo deste ano e do vindeiro, moitos veciñ@s van se ver nesta situación), para poder levar actuacións conxuntas xunto con outr@s afectad@s doutras localidades do país.

 

         Por iso se es un veciñ@ que lle foron denegadas as axudas, tendo dereito a elas, ou tes que solicitar a renovación destas axudas ven e participa na xuntanza, canto máis xente máis posibilidade de presión e de poder realizar actuacións que poidan   reverter esta interpretación restritiva dunha lei inicialmente non aplicable aos plans de vivenda anteriores ao 2009.

 

 

 

SÁBADO 11 DE MAIO ás  11:30 no CENTRO CÍVICO

Los comentarios no están permitidos.