Este fin de semana faleceu Manel Cambón, compañeiro do movemento veciñal da Agra do Orzán.
Para quen non coñecer, Manel Cambón é unha desas persoas anónimas, que pasan desapercibidas, das que non saen nas televisións e nos medios de comunicación, pero que sin embargo, desenvolve un traballo fundamental para que todas e todos vivamos mellor.
Xubilado da banca, e sindicalista durante moitos anos, os últimos da súa vida volcounos no traballo veciñal e asociativo na Agra do Orzán. E grazas ao seu traballo e grazas á súa adicación hoxe en día a cidade da Coruña lle debe unha ordenanza específica de elevadores e ascensores.
Como residente da Agra, tiña coñecemento de primeira man da situación urbanística do barrio e, como non, dunha das súas consecuencias: o envellecemento urbano e demográfico; edificios vellos, con xente maior. Deste xeito, e desde o 2005, volcouse en conseguir que o concello tivera unha normativa que regulase a dotación de elevadores e ascensores naquelas vivendas que carecían deles e nas que residían persoas con mobilidade reducida ou, simplesmente, necesitaban desta infraestrutura.
O seu traballo duranten anos foi intenso: recollida de sinaturas nos barrios da Agra do Orzán e nos Mallos, mobilización dos diversos sectores implicados (comunidades de propietarios, administradores de fincas, asociacións de veciños, etc), e logo cun denodado traballo nas administracións, no Concello, e logo no Parlamento de Galiza, conseguiu que a lei do solo incluíra un artigo específico relativo á problemática e a aprobación final dunha ordenanza que recoñecía o dereito das e dos veciños a poder dotar á súa vivenda dun elevador que facilitara o acceso. No seguinte enlace vai a entrevista que se lle fixo no seu día ao conseguir que a Xunta de Galiza incluíra as súas demandas.
http://agradoorzan.blogspot.com.es/2009/02/por-unha-normativa.html
Manel Cambón, a pesar da enfermidade, que o tiña mermado, seguía traballando na asociación. De feito seguía colaborando na xunta directiva da Agra.
Desde estas liñas queremos lembralo como exemplo, e tamén como recordo agarimoso e como homenaxe, xa que, aínda que el non vivía no barrio, as súas fillas si que son veciñas, e el, máis dunha vez ten vido a coidar dos netos e a pasear xunto con eles polas nosas rúas.
Onde queiras que esteas, leva tanta paz como aquí deixaches. Grazas Cambón.

Los comentarios no están permitidos.