INFORME DE XESTION DA AVV

Limiar.
Esta xunta directiva toma posesión o 25 de maio de 2012. Foi a única candidatura presentada para unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que participaron case 40 persoas, e que votou por unanimidade a proposta.
Desde entón, temos celebrado 9 reunións das que pasamos a dar conta no presente informe de xestión, agrupando por temáticas todas as cuestións tratadas:

  1. Base social.
    Na actualidade a asociación conta con máis de 300 persoas socias titulares, case 800 en total contando socios familiares e socios non cotizantes menores de idade. Podemos afirmar que somos a primeira entidade veciñal da cidade en número de socios e, por suposto, a que máis integración social ten, xa que logo, case o 10% do barrio é socio da nosa asociación.
    Isto se debe a dous factores: a recuperar ás persoas socias que xa estaban coma tal antes de que asumiramos o mandato e a unha campaña que fixemos ao longo do 2012 e que deu lugar a que se fixeran máis de 70 novas altas titulares coas conseguintes altas familiares.
    O noso obxectivo e abrir a Asociación a todo o barrio e integrar ao maior número de veciñanza posíbel e que queira participar con nós. Neste sentido hai que destacar o traballo realizado por recuperar a maior parte das persoas socias, xa que tomamos a decisión de non cobrar a cota de 2011 xa que víamos ilóxico cobrarlle aos socios por non ter realizado ningunha actividade ese ano. Deste xeito, é a partir de 2012 cando se fai efectiva a regularización das cotas, regularización que está a ser culminada coa convocatoria desta asemblea, e da cal sairá o listado definitivo, e ao día, de persoas socias activas.
  2. Local.
    Desde a primeira reunión da Xunta Directiva tivemos claro que a Asociación debe ter un local de referencia no barrio e que o arcón de obra que tiñamos enfronte da entrada de vehículos dos apartamentos de aluguer da rúa illa Sálvora non podía albergar ese lugar de encontro. Así, temos solicitado reiteradamente ao concello o arranxo dos baixos existentes no edifico da rúa Ribeira Sacra 15-17-19-21, co obxecto de que se habilite, entre outras peticións, unha oficina para a asociación. Mentres isto non aconteza conseguimos a cesión temporalmente dun local para almacenaxe pola Corporación Inveravante, actual xestora do Centro Comercial Marineda City ou dos edificios de aluguer da Avenida de Novo Mesoiro e, como oficina, polo concello, dun despacho no Centro Cívico do barrio. Así, o despacho número 6 é hoxe en día o noso enderezo de referencia e o lugar onde atendemos habitualmente á veciñanza. Do mesmo xeito conseguimos que o arcón mencionado fora retirado da súa ubicación, non sen antes dar un susto en xaneiro, tras un temporal que o desprazou ate o medio da calzada da mencionada rúa illa Sálvora.
  1. Infraestrutura e comunicación.
    Tamén foi obxectivo da xunta directiva durante este ano dotármonos dun mínimo de infraestrutura. Así logramos a doazón dunha equipa informática e adquirimos unha equipa multifunción para a impresión e dixitalizado.
    Por outra banda, recuperouse a páxina web como elemento fundamental de comunicación, actualizando as informacións case diariamente, e poñendo en coñecemento do barrio todas cantas actividades facemos en tempo real. Tamén abríronse sendas contas en facebook e twitter, contas que ao igual que a páxina web, serven para manter unha comunicación constante e son os nosos altofalantes. Tamén habilitouse unha liña telefónica permanente para quen quixer se poida poñer en comunicación coa asociación para trasladarlle calquera problemática, suxestión ou información de calquera tipo. O número de teléfono é o 677404029.
    Por último, estudouse a posibilidade de editar en papel un diario ou revista, cun carácter periódico, mais o seu alto custe, ao redor dos 1500 €, non fixo posíbel realizalo.
  2. Actividades propias da Asociación.
    A continuación se describen as actividades que se desenvolveron. Neste campo temos que indicar o único reproche deste informe que é a suspensións das festas do barrio, en principio previstas para 9 de outubro. O concello comprometérase a traer un grupo de música e algunha actividade para nenos, como inchábeis ou tobogáns. Sen embargo, a unha semana de celebrarse, e sen que o concello confirmara nin que grupo nin que actividades traía, tivemos que suspender as festas porque non nos daba tempo de organizalas nin publicitalas. Parece ser que isto mesmo pasou noutros barrios da cidade polo que amosa certa ineficacia da concellaría de cultura do concello. Pasando ao relatorio de actividades, destacar:
  3. 4.1. Constitución da Rede de Comercios Novo Mesoiro.

    Creouse unha rede de comercios no barrio co obxecto de potenciar o consumo da veciñanza en todos os establecementos. Así, case todos os comercios adheríronse, e en recoñecemento todos exhiben o logo da “rede”, creado a tel efecto, nos seus escaparates.

    1. 4.2.  Celebración da II Carreira Popular Novo Mesoiro – Memorial Iván Rocha. Recuperamos a carreira popular que se celebrou no noso barrio no 2009. Desta volta, e como homenaxe ao noso veciño falecido Iván Rocha, levou o seu nome. Esta carreira fíxose o 4 de novembro e dentro do “Circuíto Coruña Corre”, contando coa participación de máis de 1100 persoas en todas as categorías. Foi unha das actividades que máis proxección fixeron do barrio e unha xornada lúdica cunha alta participación da veciñanza.
    2. 4.3.  Actividade Mesoiro lúdico. Actividade organizada mediante unha subvención outorgada polo concello e consistente nunha tarde de xogos tradicionais e que se celebrou o 29 de decembro no polideportivo. Nesta mesma festa tivemos a visita dos reis magos. 4.4.Celebración do Entroido de Novo Mesoiro. Festa de carnaval celebrada o luns de Entroido e na que celebramos un concurso de disfraces con tres categorías. Grazas a colaboración doutras entidades da cidade que doaron agasallos, principalmente os lotes de libros, e da colaboración de case todos os establecementos do barrio, que fixeron o groso das doazóns, puidemos dar tres premios por categoría, incluído un primeiro premio con diñeiro en metálico. 4.5. Realización do Campionato de fútbol 3 indoor. Organizado no fin de semana do 8 e 9 de decembro de 2012, contou coa participación de 8 equipos, incluído o campión galego da especialidade.

4.6.Participacións da Lotaría de Nadal. Editouse por primeira vez participacións da lotaría de Nadal co número 43258, sendo agraciado ademais cunha pedrea.

  1. Colaboracións da Asociación.
    A asociación tamén colaborou con actividades que se realizaron no barrio aínda que non foran organizadas por nós. Estas actividades foron, por exemplo:
    5.1.Papa Noel no barrio. Recibimos a visita de Papa Noel o 21 de decembro no polideportivo. Nesta festa houbo teatro infantil a cargo de “A tropa de trapo”, un taller de maquillaxe e un DJ.

    1. 5.2.  Visita dos Reis Magos. O 3 de xaneiro volveron visitar ao barrio, esta vez no centro cívico, para recoller as cartas con pedimentos das e dos nenos do barrio.
    2. 5.3.  Actividades varias de “Bichiños”. A empresa do barrio “Bichiños” ven

      realizando varias actividades no noso barrio, moitas delas de promoción, con prezos reducidos, ou incluso de balde, que apoiamos e promocionamos.

    3. 5.4.  Actividades varias de WekCo, tamén empresa do barrio, e que fixo actividades de coworking, de IWeekend Innova ou do Crea Galicia.

    5.5.Taller infantil de adornos de nadal. Actividade para os máis pequenos no centro cívico organizado entre o 18 e 20 de decembro.

    5.6.Concurso de debuxo organizado pola farmacia “Lage”. Tamén durante o Nadal.

    5.7. Carreiras de orientación no barrio. Os días 17 de novembro e 1 de decembro de 2012 celebráronse dúas probas da liga galega de carreiras de orientación nos montes próximos ao barrio.

  2. Reunións institucionais.
    Temos mantido reunións con todos os grupos políticos con representación no concello, e incluso con algunha outra formación que non a ten, co obxecto de facerlles traslado dos nosos problemas e peticións máis urxentes.
    Así, son múltiples as reunións mantidas con representantes actuais do concello, incluído co propio alcalde, que se desprazou ao noso barrio para manter unha reunión co conxunto da xunta directiva o pasado mes de febreiro. Nesa reunión se lle trasladou un relatorio das nosas

demandas máis inmediatas ordenado en 21 puntos e dos cales xa se foron resolvendo varios (e que se indican no punto seguinte).
Tamén reunímonos varias veces cos outros grupos municipais, a solicitude deles, despachando con estes as mesmas demandas que hoxe en día nos ocupan. Destacar que estas reunións son sempre produtivas xa que as actuacións son inmediatas e despois de cada unha sempre se desenvolve algún tipo de actividade ou se nos traslada información complementaria que aproveitamos para difundir a través da páxina web ou das redes sociais.

Por ultimo nos entrevistamos cunha delegación da Federación de AA.VV., encabezada pola propia presidenta, Luísa Varela. A raíz desta reunión reintegrámonos na Federación e comezamos de novo a participar nas súa xuntas. Esta colaboración está supeditada a que exista un principio de reciprocidade, e que a Federación atenda as nosas demandas en igual medida á nosa participación. Así, despois de todas as nosas xuntas directivas se lles remiten todos aqueles puntos que teñan que ver con actividades que facemos no barrio para o seu coñecemento e a través do único veciño que está na xunta directiva da Federación.

7. Actuacións no barrio realizadas por intervención da Asociación.

  1. 7.1.  Corredor entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume.

    É a nosa principal actividade en materia de urbanismo. A situación actual é insostíbel. Entullos, vexetación a monte, constancia de animais como ratas, ratos, ourizos, gatos…, e de insectos, e, o máis preocupante, indicios de focos de vertidos de lixo e móbeis vellos, fan que este espazo intermedio entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume se estea a converter nun foco de infeccións. Despois de múltiples reunións no concello e con outros grupos políticos, e que deron lugar a interpelación de preguntas no pleno do concello, conseguimos pechar un proxecto que implica a todas as comunidades de propietarios, aos administradores de fincas, ao concello e á propia asociación. Coa simple cesión do uso público de cadansúa parcela conseguimos o compromiso do concello da roza, adecuación e urbanización. Nestes semanas se están convocando as respectivas comunidades para que se proceda a aprobar en reunión a cesión mencionada. En canto se peche esta xeira de reunións e se formalice mediante escrito a cesión, o concello garante incluír unha partida de cartos nos orzamentos municipais deste ano co obxecto de executar a obra a principios do ano 2014.

  2. 7.2.  Renovación das beirarrúas no conxunto do barrio.
    Era unha promesa electoral do PP nas eleccións municipais. Nun primeiro momento, e tras entrevistarnos coas concelleiras Pazo e Hervada, díxosenos que dependía das comunidades de veciños, xa que a maioría dos desperfectos estaban nas entradas aos garaxes. Sen embargo, e grazas á nosa insistencia conseguimos arrancar o compromiso do cumprimento do prometido no programa electoral e se están reparando todas as beirarrúas do barrio.
  3. 7.3.  Acondicionamento da contorna do Centro Cívico.

Estase realizando nestes días. Era unha actuación necesaria e que implica a roza e acondicionado de toda a contorna do centro cívico.

  1. 7.4.  Aumento dun bus nas horas punta da mañá.
    Tamén froito da reunión mantida con Negreira. Esta era unha demanda que tiñamos desde hai moito tempo no barrio. Así, ás 8 e cuarto da maña reforzouse cun bus máis que sae desde a parada da avenida onde está a parada de taxis. Do mesmo xeito, refórzase as 2 da tarde con outro bus na parada de cabeceira de Xoana de Vega. Queda pendente aínda atender a necesidade de unir o barrio coa zona de Someso, Universidade e Matogrande, estando en estudo por parte da xunta directiva facer unha proposta de percorrido.
  2. 7.5.  Limpeza e roza do parque entre as rúas Ribeira Sacra e a rúa Illa Sálvora. Aínda que non se chegou a axardinar, o concello polo menos fixo unha limpeza da terraza que hai estre estas dúas rúas.
  3. 7.6.  Proxecto de campo de fútbol 7 da fundación Johan Cruyff. Aínda en proxecto e de execución para o ano que ven, xa tivemos varias reunións co concelleiro de deporte e cos representantes da fundación, e se está facendo un estudo para a ubicación definitiva do campo de fútbol, que estaría destinado para o fomento do deporte entre os máis novos e que sería referente en toda a cidade.

8. Demandas pendentes.
Aínda con todo son moitos os asuntos pendentes nos que esta xunta directiva está traballando. Parécenos necesario seguir coa nosa aposta reivindicativa e de defensa do intereses do barrio. Por iso temos en primeiro lugar da nosa axenda todas estas temáticas que esixiremos se resolvan polas administracións correspondentes:
8.1. Oficina de correos.

É unha reivindicación de vello, xa non so para o barrio, se non para toda a zona de Mesoiro vello, Feáns e Elviña. Soubemos a semana pasada que a intención da empresa é incluso retirar do servizo a 9 traballadores que cobren estas zonas. Desde logo o servizo actual xa o podemos cualificar como paupérrimo, e con esta reorganización que se pretende facer imos quedar totalmente desatendidos. A proposta que temos trasladado é a de aproveitar a reforma dos locais do concello na rúa Ribeira Sacra mencionados máis arriba para instalar unha oficina neses baixos que dea servizo incluso á xente do polígono de POCOMACO.

8.2. Seguridade viaria.
Temos claro que colocar un radar, continua ou ocasionalmente, non é unha solución. Tan só unha medida recadatoria. Mais tamén a xunta directiva é consciente da inseguridade constante que existe no barrio en determinados puntos en materia de seguridade viaria. A excesiva velocidade en tramos da avenida, o acceso ao supermercado Eroski ou o aparcamento nas rotondas son circunstancias habituais. Por iso reclamamos a colocación dunha mediana separadora no tramo da avenida de acceso ao barrio ate a primeira rotonda e no tramo da avenida Novo Mesoiro entre a

segunda e terceira rotonda, e sobre todo, máis presenza da policía

local, como efecto disuasorio.

  1. 8.3.  Implicación na problemática da retirada da Consellaría de Vivenda

    da subvención de axuda á compra. A lei de medidas de axuste da administración aprobada o ano pasado polo goberno do estado deu lugar a un baleiro legal que é aproveitado pola Consellaría de Vivenda para non renovar a prórroga as axudas á compra. A xunta directiva foi quen de convocar varias reunións para tratar a problemática, común a outras partes do país, e que xa foi levada ao parlamento de Galiza por varios grupos políticos polo desamparo que provoca entre as persoas ás que lles afecta. Estase intentando crear unha plataforma de afectados que presenten un recurso de alzada colectivo xa que, e como xa se nos ten asegurado, a non concesión da prórroga da axuda á compra se fai con efecto retroactivo á propia lei pola cal se concedeu a axuda.

  2. 8.4.  Mellora dos servizos sociais no barrio. A asociación ten solicitado as ampliación do horario de tarde do centro de saúde e ampliación dos servizos de pediatría e matrona. Asemade tamén xa temos solicitado a ampliación da escola infantil, que hoxe en día oferta 82 prazas para todos os grupos e a ampliación de horario da Ludoteca para conciliación familiar.
  3. 8.5.  Ampliación de zonas infantís para idades a partir dos 6 años, así como creación de novas zonas de recreo e creación de pistas de xogo de fútbol, baloncesto, e outros deportes.
  4. 8.6.  Seguridade cidadá. Desexamos unha maior presenza policial ou a creación da policía de barrio. Entre finais do ano pasado e principios deste sufrimos unha vaga de atracos e delitos que provocaron unha grande sensación de inseguridade. Reclamamos vehementemente a través dos medios de comunicación e a través das canles institucionais pertinentes esa maior seguridade e maior presenza policial. Aparentemente a presenza aumentou mais aínda non temos garantías de que sexa unha presenza permanente.
  5. 8.7.  Outras peticións pendentes.
    • Petición dun paso para peóns na rúa Ribeira Sacra á altura dos números 33 – 35.
    • Mellora de sinalización da parada de bus da rúa Fragas do Eume.
    • Melloras na marquesiña da parada de bus da rúa Fragas do Eume.
    • Retirada do TECOR societario dos límites do barrio.
    • Colocación de barreiras protectoras no borde das rotondas onde hai parques infantís.
    • Colocación de alumeado nas pistas de terra dos parques naturais para a práctica de deporte a primeira e última hora do día.
    • Reparación e asegurado dos taludes que están precintados e revisión do resto.
    • Maior dotación de mobiliario urbano coa colocación de máis papeleiras e fontes de auga máis funcionais para que poidan ser usadas polos nenos e nenas.
    • Creación dunha zona de lecer para cans.
    • Colocación nas zonas de lecer das hortas urbanas de grellas para uso público e de mesas e asentos para o ocio e descanso.
  1. Outras actividades.
    A continuación se relacionan outras actividades que a Asociación desenvolveu durante este ano:

    • Sinatura dun concerto co avogado Jorge Vázquez, especialista en dereito administrativo, para a asistencia tanto da A.VV. como para as persoas socias.
    • Acordo con Felipe García Rey, coach e motivador, para a colaboración na realización dunha serie de xornadas formativas a persoas desempregadas e persoas socias e veciñanza e n particular.
    • Oferta alcanzada coa empresa “First Stop” para as persoas socias a asociación cun desconto do 5% adicional por ser membros.
    • Charla organizada coa Asociación de Afectados por Produtos Financieiros, o 31 de xullo de 2012.
  2. Agradecementos.
    Por último queremos aproveitar este informe de xestión para facer agradecemento da súa colaboración a todo o comercio do barrio e tamén queremos trasladar o noso agradecemento a todas as persoas voluntarias que participan nas actividades que desenvolvemos e que sen elas serían imposíbeis de realizar. Moitas grazas.

Na Coruña, a 13 de abril de 2013. Visto e prace a Asemblea.
Visto e prace da xunta directiva.

3 Respuestas a “Informe de xestión da AVV”
  1. avatar lolimpio dice:

    desde luego teneis mucho merito, enhorabuena a ver si otros barrios funcionan como vosotros, en este aspecto.

  2. avatar Miro dice:

    pues no queda otra cosa que decir que enhorabuena y gracias por vuestro trabajo

  3. avatar quemasda dice:

    No si ahora solo nos queda que nos pidan un aumento de sueldo, disponer de una visa oro y un telefono de esos caralludos que hacen de todo menos telefonear.( Es broma)
    Ratifico lo que comentan lolimpio y Miro lo estais haciendo muy bien ,aunque a veces no os lo sepan agradecer tal como mereceis, pero bueno esto pasa en todas las facetas de la vida y no por eso vais a tirar la toalla, porque desagradecidos siempre los hubo,los hay y los habrá.
    Y me estoy refiriendo al tema del corredor pero que no voy a comentar porque hay cosas que son inexplicables o por lo menos increibles y mas en un edificio donde el 90% esta habitado por gente joven.
    Lo dicho no comment porque este hilo no es el sitio adecuado.
    Un saludo que-mas-da.

  4.