–          1º. Presentaremos unha solicitude colectiva (en nome de todos os beneficiarios das resolucións de concesión) ante a XUNTA DE GALICIA, para esixirlle que execute a resolución, é dicir, que cumpra coa obriga de subsidiar o préstamo.

–          2º. Se transcorrese un mes sen que a XUNTA DE GALICIA cumprise con esa obriga, entón, acudiríamos aos tribunais, presentando un recurso contencioso-administrativo.

Todo isto, farémolo en base ao art. 29.2 da Lei 29/1998, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, que contempla un procedemento especial para o caso de que a Administración non cumpra os seus actos firmes.

“Artículo 29.2. Cuando la Administración no ejecute sus actos firmes podrán los afectados solicitar su ejecución, y si ésta no se produce en el plazo de un mes desde tal petición, podrán los solicitantes formular recurso contencioso-administrativo, que se tramitará por el procedimiento abreviado regulado en el artículo 78.”

De calquera xeito, en caso de que, con posterioridade ao 6 de abril, xurdisen novas resolucións de concesión da subsidiación, fariamos, tamén, con respecto a elas, esta xestión.

Por outra banda, sinalar tamén que, unha vez presentada a solicitude ante a XUNTA DE GALICIA (paso 1º) para que cumpra coa resolución de concesión, se no prazo dun mes non resolve, as persoas que recorran ante os Tribunais (paso 2º) estará exentas do pago da taxa xudicial.

 

IMPORTANTE: Podeis comentar vuestras dudas o ideas también en el foro: http://www.novomesoiro.com/foro/viewtopic.php?f=1&t=5838

Los comentarios no están permitidos.